MANOLA A CARACOLA FOI Á BEIRA DO MAR A TOMAR UN POUCO O SOL, AGORA QUE EMPEZA A VIR O BO TEMPO. ESCOITOU FALAR A OUTRAS CARACOLAS, QUE UNHA FÁBRICA DE METAIS ESTABA BOTANDO UN VERQUIDO VERDE VISCOSO NO MAR, POÑENDO EN PERIGO A TODOS OS SERES VIVOS QUE VIVEN DENTRO OU PRETO DEL.
MANOLA, PREOCUPADÍSIMA, COLLEU A PRIMEIRA CORRENTE MARIÑA QUE VEU, E AVISOU A TODAS E TODOS PARA BUSCAR UN LUGAR ONDE POÑERSE A SALVO. RAPIDAMENTE, COMEZARON A PENSAR QUE PODÍAN FACER. QUICO O GOLFIÑO, QUE É UN MAMÍFERO MOI INTELIXENTE E TEN REMEDIO PARA TODO, ESTABA TAN ENFADADO CO QUE ESTABA OCORRENDO QUE NON ERA QUEN DE ATOPAR UNHA SOLUCIÓN.
DE SÚPETO, RECORDARON QUE A UNHAS DEZ MILLAS DA TORRE DE HÉRCULES, HABÍA UN ANTIGO BARCO PIRATA "BUSCATESOUROS" AFUNDIDO. PODERÍALLES SERVER DE REFUXIO MENTRES AS DONAS E DONOS DA FÁBRICA, COA AXUDA DE ECOLOXISTAS, LIMPABAN TODO O VERQUIDO DO MAR.
PURA A TARTARUGA, QUE SABEDES QUE É MOI COMELLONA, APRESUROUSE EN RECOLECTAR VÍVERES PARA 3 OU 4 DÍAS... E TIVÉRONLLE QUE RECORDAR QUE NON PODERÍA NIN TOCAR A SUSA A MEDUSA.
DESPOIS DE MOITO NADAR... CHEGARON ATA O BARCO:
CANDO ENTRARON Á VELLA FRAGATA PIRATA, ESTABA TODO TAN ESCURO QUE TAREIXA TIVO QUE PRENDER A SÚA LUZ PARA QUE PUIDESEN VER. TAREIXA É UNHA PEIXE LANTERNA... INCRIBLE, VERDADE?
AOS DEZ MINUTOS DE ESTAR ALÍ, ESTABAN MOI ABURRIDAS E ABURRIDOS. O POLBO RODOLFO, QUE É MOI CINÉFILO, OCORRÉUSELLE O SEGUINTE XOGO ARTÍSTICO. ATENTAS E ATENTOS:
QUE FASCINANTE! PERO... RODOLFO QUEDOU SEN NOVAS IDEAS PARA PASAR ESTES DÍAS PECHADOS. XEILA PENSOU QUE ERA UNHA GRAN IDEA PEDIRVOS AXUDA A VÓS E QUE MANDEDES SOMBRAS DE MANS, PARA SEGUIR XOGANDO CON RODOLFO A ADIVIÑAR MOITOS MÁIS ANIMAIS.
ESTA SERÁ A VOSA 11ª ECOMISIÓN: INVESTIGADE, COA AXUDA DAS VOSAS FAMILIAS, COMO FACER DIFERENTES SOMBRAS DE ANIMAIS COAS MANS.
COA AXUDA DUN FOCO, OU DA LUZ DO SOL, E DA FAMILIA FACEDE FOTOS SÓ DA FIGURA DO ANIMAL CREADO, E MANDÁDEAS A pepateca5@gmail.com
COA ECOMISIÓN COMPLETADA, CONSEGUIREMOS UN NOVO CRUÑO PARA A NOSA CREDENCIAL. XA QUEDAN POUCOS... DE QUE COR SERÁ ESTA VEZ?
ATA PRONTO, NENAS E NENOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario