miércoles, 24 de abril de 2024

BRUXELAS

BREOGÁN CHEGOU Á ESTACIÓN DE TREN DE BRUXELAS E DESPOIS DUNS DÍAS DE TURISMO POLA CAPITAL BELGA, MANDOUNOS ESTE VÍDEO CUNHA NOVA TAREFA PARA FACER EN EQUIPO:


O MUSEO DO CÓMIC MOTIVOUNOS PARA COÑECER AS DIFERENZAS ENTRE XÉNEROS LITERARIOS, E DESCUBRIR A TINTÍN E AO SEU CANCIÑO MILÚ:



VISUALIZAMOS TODA A INFORMACIÓN DA GUÍA DE VIAXE E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. NESTA PROPOSTA TIÑAMOS QUE TRABALLAR AS DIFERENTES EMOCIÓNS QUE TRANSMITE UNHA ONOMATOPEA AO NOSO CORPO, SOBRE TODO NA EXPRESIÓN DA NOSA CARA. 
FIXEMOS UN TRABALLO DE ARTISTAS PROFESIONAIS E O RESULTADO DESES RETRATOS, PASÁMOLOS A CÓMIC. PARA REMATAR A TAREFA, TIVEMOS QUE DESCUBRIR, DE ENTRE TODAS AS ONOMATOPEAS, CAL ERA A NOSA*.

*ESTA MISIÓN PODERÉMOLA DESFRUTAR AO COMPLETO O DÍA DA ROMARÍA

BREOGÁN DEIXA BRUSELAS E ENVÍANOS UN NOVO VÍDEO CAMIÑO A BERLÍN, A CAPITAL DE ALEMAÑA:


BOA VIAXE, BREOGÁN!

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

ESTE ANO CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO CON 5 BOOKTRAILERS, UNS PEQUENOS VÍDEOS PROMOCIONAIS DOS LIBROS FAVORITOS DO NOSO ALUMNADO.






SE NON OS COÑECEDES... A QUE ESPERADES PARA LELOS?

lunes, 22 de abril de 2024

VII OBRADOIRO: BIBLIOTECA CREATIVA

HOXE TIVEMOS O VII OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS CO EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. NEL FEDELLAMOS CON DIFERENTES RECURSOS DA BIBLIOTECA CREATIVA DO NOSO CENTRO, MOITOS DELES CREADOS NA IMPRESORA 3D. 






QUE BEN O PASAMOS E CANTO CREAMOS!!

miércoles, 17 de abril de 2024

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA "ESTUDO DO ROSTRO"

CON ALMA DE "ARKHÉ" TRABALLAMOS O ROSTRO E AS POSIBILIDADES QUE ESTE NOS DA.

PRIMEIRO BUSCAMOS POSIBILIDADES DE CREACIÓN E DESINHIBICIÓN PARA PASAR A EXPERIMENTACIÓN E CREACIÓN DE ROSTROS CON MATERIAIS DESESTRUTURADOS E DE REFUGALLO.




viernes, 5 de abril de 2024

II OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON PATRICIA CASTRILLÓN

HOXE TIVEMOS 2 OBRADOIROS CON PATRICIA CASTRILLÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA, DENTRO DO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS".

QUE MARABILLA PODER CONTAR, CANTAR, INSTRUMENTAR E INCLUSO BAILAR AS BOAS LECTURAS. 

GRAZAS PATRICIA, UNHA VEZ MÁIS, POR PERTENCER Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!