domingo, 16 de junio de 2024

VENECIA

A VIAXE DE BREOGÁN ESTÁ A PIQUES DE REMATAR, PERO ANTES DE VOLVER A CASA FAI UNHA ÚLTIMA PARADA NUNHA CIDADE INCRIBLE E MOI FERMOSA. MIRADE QUE NOS CONTA BREOGÁN E CAL É A DERRADEIRA PROPOSTA PARA O SEU TRABALLO FIN DE GRAO:


UNHA ESCULTURA GASTRONÓMICA... POIS O TIVEMOS MOI CLARO DESDE O PRINCIPIO. FAREMOS UNHA PIZZA!!!


BOA VIAXE DE REGRESO A CASA, BREOGÁN!!

sábado, 8 de junio de 2024

VIENA

ESTA AVENTURA POUCO A POUCO VAI CHEGANDO AO SEU FIN. BREOGÁN ENVÍANOS UN VÍDEO DESDE A CAPITAL AUSTRÍACA,  DESPOIS DE CHEGAR Á ESTACIÓN DE TREN E ESTAR UNS DÍAS DE TURISMO POLA FERMOSA CIDADE:


ESCOITAMOS CON DETEMENTO O VALS DO DANUBIO AZUL DE JOHANN STRAUSS, UNHA DAS PEZAS MÁIS POPULARES DA MÚSICA CLÁSICA:


E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. CARACTERIZAMOS PERFECTAMENTE OS NOSOS VASOS E INTENTAMOS REPRODUCIR O RITMO DO VALS DO MELLOR XEITO POSIBLE:


BOA VIAXE A ITALIA, BREOGÁN!!

lunes, 3 de junio de 2024

VIII OBRADOIRO: COCIÑA SAUDABLE

HOXE TIVEMOS O VIII OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS CON GONZALO SOBRE COCIÑA SAUDABLE. APRENDEMOS GRAN CANTIDADE DE COUSAS SOBRE NUTRICIÓN E O MÁIS IMPORTANTE... DEGUSTAMOS RECEITAS DE CALIDADE!!





GRAZAS, GONZALO!!

sábado, 1 de junio de 2024

ROMARÍA 2024, PRODUTO FINAL DO NOSO PDI

O NOSO PDI CHEGA AO SEU FIN, DESPOIS DE MESES DE INVESTIGACIÓNS E CREACIÓNS EN EQUIPO. 

PARA RECORDALO FIXEMOS ESTE VÍDEO RESUMO DO ACONTECIDO:


MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR FACELO REALIDADE!

jueves, 30 de mayo de 2024

BERLÍN

BREOGÁN CHEGOU Á ESTACIÓN DE BERLÍN E DESPOIS DUNS DÍAS DE TURISMO POLA CAPITAL ALEMÁ, MANDOUNOS ESTE VÍDEO CUN NOVO RETO PARA FACER EN EQUIPO:


O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI DEGUSTAR O PAN BRETZEL OU LAZO SALGADO...

E O QUE MÁIS NOS IMPACTOU FOI COÑECER A TERRIBLE HISTORIA DO MURO DE BERLÍN, TAMÉN LEMOS NA AULA NEGROS E BRANCOS, DE DAVID MCKEE, E EL MURO, DE JAVIER SOBRINO:



CON TODA ESTA INFORMACIÓN, FIXEMOS DIFERENTES CONSTRUCCIÓNS QUE UNAN ÁS PERSOAS E NON AS SEPAREN, COA AXUDA DOS KAPPLA E DOS DIFERENTES CONECTORES CREADOS NA NOSA IMPRESORA 3D: 


BOA VIAXE A VIENA, BREOGÁN!!

lunes, 27 de mayo de 2024

V CLUB DE LECTURA: A XUNTANZA

HOXE TIVEMOS A XUNTANZA DO V CLUB DE LECTURA ENTRE FAMILIAS E PROFESORADO. REFLEXIONAMOS, DEBATEMOS E COMPARTIMOS GRAN CANTIDADE DE IDEAS E EXPERIENCIAS DE SAÚDE MENTAL. 





VÉMONOS NO VINDEIRO CURSO, COMUNIDADE LECTORA!!

viernes, 24 de mayo de 2024

XOGOS DE MESA SAUDABLES

NO OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA SEMANAL TEMOS MOITOS XOGOS NOS QUE TRABALLAMOS MOITOS ASPECTOS SAUDABLES RELACIONADOS CO NOSO PDI "SEMENTANDO SAÚDE", ENTRE ELES A ALIMENTACIÓN:


miércoles, 22 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA CO MESTRE IVÁN

HOXE TIVEMOS 2 OBRADOIROS DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA CO MESTRE IVÁN. SON MOITAS AS VANTAXES DE XOGAR A XOGOS NAS AULAS. AO NOSO ALUMNADO ENCÁNTANLLES, PERO TER FAMILIAS TAN DIVERTIDAS NAS NOSAS ESCOLAS... É O MELLOR!!

martes, 14 de mayo de 2024

NOVIDADES DOS MALETÍNS VIAXEIROS V

ESTA SEMANA VIAXAN NOVOS FONDOS NOS MALETÍNS VIAXEIROS PARA A "HORA DE LER". NAS AULAS LEREMOS:






BOAS LECTURAS!!

lunes, 13 de mayo de 2024

NOVAS DA MOUCHA DO XALO

ESTES DÍAS RECIBIMOS NAS NOSAS AULAS UNHA CARTA MOI ESPECIAL DA MOUCHA DO MONTE XALO.


FAI ANOS CHEGOU ÁS NOSAS MANS A LENDA DA MOUCHA, É UNHA LENDA MÁXICA, MOI ESPECIAL PARA NÓS, E SERÁ A PROTAGONISTA DA ROMARÍA QUE ESTAMOS A PREPARAR PARA TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.
QUEREDES COÑECELA OU RECORDALA?

jueves, 9 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON JUAN RODRÍGUEZ

HOXE TIVEMOS 2 OBRADOIROS CON JUAN RODRÍGUEZ, DE CARAMUXO TEATRO, DE ANIMACIÓN Á LECTURA DENTRO DO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS".

TRABALLAMOS CON DOUS CONTOS FABULOSOS QUE AGORA PERTENCEN Á NOSA BIBLIOTECA! PARA FINALIZAR FIXEMOS XOGOS E DINÁMICAS EN FAMILIA MOI DIVERTIDAS. 

GRAZAS JUAN!!

miércoles, 24 de abril de 2024

BRUXELAS

BREOGÁN CHEGOU Á ESTACIÓN DE TREN DE BRUXELAS E DESPOIS DUNS DÍAS DE TURISMO POLA CAPITAL BELGA, MANDOUNOS ESTE VÍDEO CUNHA NOVA TAREFA PARA FACER EN EQUIPO:


O MUSEO DO CÓMIC MOTIVOUNOS PARA COÑECER AS DIFERENZAS ENTRE XÉNEROS LITERARIOS, E DESCUBRIR A TINTÍN E AO SEU CANCIÑO MILÚ:



VISUALIZAMOS TODA A INFORMACIÓN DA GUÍA DE VIAXE E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. NESTA PROPOSTA TIÑAMOS QUE TRABALLAR AS DIFERENTES EMOCIÓNS QUE TRANSMITE UNHA ONOMATOPEA AO NOSO CORPO, SOBRE TODO NA EXPRESIÓN DA NOSA CARA. 
FIXEMOS UN TRABALLO DE ARTISTAS PROFESIONAIS E O RESULTADO DESES RETRATOS, PASÁMOLOS A CÓMIC. PARA REMATAR A TAREFA, TIVEMOS QUE DESCUBRIR, DE ENTRE TODAS AS ONOMATOPEAS, CAL ERA A NOSA*.

*ESTA MISIÓN PODERÉMOLA DESFRUTAR AO COMPLETO O DÍA DA ROMARÍA

BREOGÁN DEIXA BRUSELAS E ENVÍANOS UN NOVO VÍDEO CAMIÑO A BERLÍN, A CAPITAL DE ALEMAÑA:


BOA VIAXE, BREOGÁN!

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

ESTE ANO CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO CON 5 BOOKTRAILERS, UNS PEQUENOS VÍDEOS PROMOCIONAIS DOS LIBROS FAVORITOS DO NOSO ALUMNADO.






SE NON OS COÑECEDES... A QUE ESPERADES PARA LELOS?

lunes, 22 de abril de 2024

VII OBRADOIRO: BIBLIOTECA CREATIVA

HOXE TIVEMOS O VII OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS CO EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. NEL FEDELLAMOS CON DIFERENTES RECURSOS DA BIBLIOTECA CREATIVA DO NOSO CENTRO, MOITOS DELES CREADOS NA IMPRESORA 3D. 






QUE BEN O PASAMOS E CANTO CREAMOS!!

miércoles, 17 de abril de 2024

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA "ESTUDO DO ROSTRO"

CON ALMA DE "ARKHÉ" TRABALLAMOS O ROSTRO E AS POSIBILIDADES QUE ESTE NOS DA.

PRIMEIRO BUSCAMOS POSIBILIDADES DE CREACIÓN E DESINHIBICIÓN PARA PASAR A EXPERIMENTACIÓN E CREACIÓN DE ROSTROS CON MATERIAIS DESESTRUTURADOS E DE REFUGALLO.




viernes, 5 de abril de 2024

II OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON PATRICIA CASTRILLÓN

HOXE TIVEMOS 2 OBRADOIROS CON PATRICIA CASTRILLÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA, DENTRO DO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS".

QUE MARABILLA PODER CONTAR, CANTAR, INSTRUMENTAR E INCLUSO BAILAR AS BOAS LECTURAS. 

GRAZAS PATRICIA, UNHA VEZ MÁIS, POR PERTENCER Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!

lunes, 18 de marzo de 2024

NOVIDADES DOS MALETÍNS VIAXEIROS IV

ESTA SEMANA VIAXAN NOVOS FONDOS NOS MALETÍNS VIAXEIROS PARA A "HORA DE LER". NAS AULAS LEREMOS:






BOAS LECTURAS!!

martes, 12 de marzo de 2024

V CLUB DE LECTURA: ENTREGA DE LIBROS

HOXE FIXEMOS ENTREGA DA NOVELA "NO PIENSES EN UN ELEFANTE ROSA" DE ANTÍA YÁÑEZ, PARA O CLUB DE LECTURA ENTRE FAMILIAS E PROFESORADO. PARTICIPAREMOS UN TOTAL DE 26 PERSOAS, ENTRE ELAS 17 FAMILIAS.


A XUNTANZA DO CLUB SERÁ O LUNS 27 DE MAIO ÁS 17:30 HORAS NA SEDE DO CRA. AGRADECEMOS A BUFOLECTOR, A BIBLIOTECA DO CEIP SOFÍA CASANOVA DE CULLEREDO, O PRÉSTAMO DA MAIORÍA DOS FONDOS. GRAZAS POR FACER COMUNIDADE!!

martes, 5 de marzo de 2024

LIÓN

BREOGÁN CHEGOU EN TREN A LIÓN E MANDOUNOS UN VÍDEO CON INFORMACIÓN MOI INTERESANTE:


VISUALIZAMOS TODA A INFORMACIÓN DA FOLLA DA GUÍA DE VIAXE E PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA TRATAR DE CUMPLIMENTALA. POÑERNOS NA PEL DOS IRMÁNS LUMIÈRE FOI DE PELÍCULA!


O RESULTADO FINAL DOS NOSOS FILMES DE PAZ FOI O SEGUINTE:


BREOGÁN DEIXA LIÓN, ENVÍANOS UN NOVO VÍDEO CAMIÑO A BRUSELAS E AGASÁLLANOS CUN CONTO TRADICIONAL FRANCÉS DESDE O TREN:


BOA VIAXE, BREOGÁN!!

lunes, 4 de marzo de 2024

VI OBRADOIRO: AS EMOCIÓNS NA INFANCIA

HOXE TIVEMOS O VI OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS CON CRIS SOBRE AS EMOCIÓNS NA INFANCIA. APRENDEMOS A IDENTIFICALAS E A XESTIONALAS, UNHA COUSA BEN COMPLEXA!



lunes, 19 de febrero de 2024

V OBRADOIRO: PAISAXES DE LUZ

HOXE TIVEMOS O V OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS: PAISAXES DE LUZ. HABITAMOS UN NOVO ESPAZO GRAZAS A NOSA IMAXINACIÓN CON CARLOTA E TATI.






martes, 6 de febrero de 2024

NOVIDADES DOS MALETÍNS VIAXEIROS III

ESTA SEMANA VIAXAN NOVOS FONDOS NOS MALETÍNS VIAXEIROS PARA A "HORA DE LER". NAS AULAS LEREMOS ESTES LIBROS:






BOAS LECTURAS!

lunes, 22 de enero de 2024

IV OBRADOIRO: PRIMEIROS AUXILIOS

HOXE TIVEMOS O IV OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS. APRENDEMOS A REALIZAR AS MANIOBRAS DO SOPORTE VITAL, A MANEXAR O DESA E A INTERVIR CORRECTAMENTE NAS EMERXENCIAS SANITARIAS DO DÍA A DÍA. 





GRAZAS, TANIA!!

sábado, 20 de enero de 2024

BARCELONA

O NOSO AMIGO BREOGÁN CHEGOU EN TREN A BARCELONA E MANDOUNOS UN VÍDEO CON MOITÍSIMAS COUSAS IMPORTANTES:


VISUALIZAMOS TODA A INFORMACIÓN DA FOLLA DA GUÍA DE VIAXE E PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA TRATAR DE CUMPLIMENTALA. XOGAR A FACER DE MIRÓ FOI MOI INTERESANTE...


DESPOIS DE TANTO ESFORZO, ENTROUNOS A CURIOSIDADE DE SABER COMO ERA O PAN AMB TOMÁQUET QUE TOMOU BREOGÁN NO MERCADO DA BOQUERÍA E DECIDIMOS FACELO NA AULA, PORQUE É SAUDABLE:


BREOGÁN DEIXA BARCELONA, ENVÍANOS UN NOVO VÍDEO CAMIÑO A LYON E AGASÁLLANOS CUN CONTO TRADICIONAL CATALÁN DESDE O TREN:


BOA VIAXE, BREOGÁN!

lunes, 15 de enero de 2024

IV CLUB DE LECTURA: A XUNTANZA

HOXE TIVEMOS A XUNTANZA DO IV CLUB DE LECTURA ENTRE FAMILIAS E PROFESORADO. REFLEXIONAMOS, DEBATEMOS E COMPARTIMOS GRAN CANTIDADE DE IDEAS, VALORES E MOITAS EMOCIÓNS. GRAZAS POR FACER GRANDE ESTA COMUNIDADE LECTORA!!