viernes, 8 de octubre de 2021

INICIO DO PRÉSTAMO

COMEZAMOS, DESPOIS DA FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS, ONDE COÑECEMOS AS DIFERENTES, AS NORMAS, AS FUNCIÓNS DAS GARDIÁS E GARDIÁNS DA BIBLIOTECA...

AS PRIMEIRAS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN DA MAN DE LARA, BREIXO, AARÓN, ALMA E ALDARA... BOAS LECTURAS, FAMILIA!!

martes, 5 de octubre de 2021

AS FAMILIAS NO CRA DE CULLEREDO

DESEÑAMOS DÚAS PROPOSTAS DA BIBLIOTECA ESPECIALMENTE PARA VÓS: PRÉSTAMO DE ADULTOS E A ESCOLA DE NAIS E PAIS.

BOTÁDELLE UNHA OLLADA E MEDITADE BEN AS VOSAS SELECCIÓNS, PORQUE TEDES ATA O 15 DE OUTUBRO PARA ENVIARNOS OS VOSOS FORMULARIOS DE SOLICITUDE.

AGARDAMOS CON ENTUSIAMO A VOSA PARTICIPACIÓN!!

domingo, 3 de octubre de 2021

TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS I

ESTA SEMANA INICIAMOS AS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS (TAI) QUE DESENVOLVEN O PDI DESTE CURSO. 

NELAS APRENDEREMOS A SITUARNOS NO ESPAZO, A VINCULAR O NACEMENTO COMO UNHA PEZA MÁIS DA NOSA IDENTIDADE, A VISUALIZAR AS DIFERENCIAS FÍSICAS DO PASO DO TEMPO, A DESCUBRIR NOVOS XOGOS TRADICIONAIS E A COMPARTIR ESPAZOS FERMOSOS E NATURAIS DA NOSA CONTORNA: O NOROESTE. 

OS FONDOS COS QUE TRABALLAREMOS SON OS SEGUINTES:

domingo, 26 de septiembre de 2021

NOVO CURSO, NOVO PDI

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2021-2022 CHEO DE ILUSIÓN, EMOCIÓNS E APRENDIZAXE.

O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) DESTE CURSO CONXUGARÁ ASPECTOS MÁIS TRADICIONAIS DA NOSA IDENTIDADE E CONTORNA PRÓXIMA COA INNOVACIÓN, A ARTE CONTEMPORÁNEA, E O VALOR DA PALABRA ORAL E ESCRITA. DE AÍ, A FUSIÓN ENTRE AS PALABRAS "CREAR" E "ACCIÓN".

ATENTAS FAMILIAS!!! UNHA VEZ MÁIS, SEREDES FUNDAMENTAIS PARA O BO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO. MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN.

lunes, 21 de junio de 2021

PRODUTO FINAL "5, ESTÁ NA NOSA MAN"

XA É UNHA REALIDADE!! PODÉMOSVOS PRESENTAR O NOSO PRODUTO FINAL, UN LIBRO DIXITAL DO NÚMERO 5 CON TODAS AS TAREFAS REALIZADAS DURANTE ESTE CURSO 20-21, DESPOIS DE NUMEROSAS INVESTIGACIÓNS E UN BO TRABALLO EN EQUIPO.

DISFRUTÁDEO!!!

domingo, 20 de junio de 2021

TEMOS O TESOURO NO CRA!!!

POR FIN!!! DESPOIS DE VARIOS DÍAS AGARDANDO A CAIXA DO TESOURO... TÉMOLA NAS AULAS!!!

A CAIXA AGOCHABA NO SEU INTERIOR UNHA VALIOSA MENSAXE:


BUSCAMOS INFORMACIÓN DOS XOGOS, VIMOS OS ANEIS OLÍMPICOS, OS PREMIOS, AS MASCOTAS... E COMPRENDIMOS MOITAS DAS COUSAS QUE SABELA NOS DIXERA AO LONGO DA AVENTURA, COMO A GRAN FESTA REALIZADA NO ANO 2000 EN SIDNEY, A IMPORTANCIA DE TOSHIRO PARA OS XOGOS DE TOKIO, A SÚA MASCOTA MIRAITOWA..


DESPOIS, OBSERVAMOS QUE A CAIXA TIÑA UNHA PEQUENA TÁBOA NA QUE SE AGOCHABAN PEDRAS PRECIOSAS E MOITAS MEDALLAS... QUE GRAN ALEGRÍA LEVAMOS CANDO DESCUBRIMOS ESTA SORPRESA!!!



NON OLVIDAREMOS NUNCA O TESOURO NIN A SÚA VALIOSA MENSAXE:

QUE GRAN AVENTURA!!!! ATA PRONTO, SABELA!!!