viernes, 3 de diciembre de 2021

SEGUNDA COMUNICACIÓN E MISIÓN DE MARTIÑO E TESTA

TEMOS NOVA COMUNICACIÓN CON MARTIÑO E TESTA... NESTE VÍDEO CONCÉDENNOS A PRIMEIRA ESTRELA DA OSA MAIOR E PROPONNOS UNHA NOVA MISIÓN, ATENTAS E ATENTOS:


POIS... NON AGARDAMOS NADA E PUXEMOS A ESTRELA NA NOSA TARXETA ESPÆCIAL,


E COMO TEMOS FEITO UN COMPROMISO DE COLABORACIÓN CON MARTIÑO E TESTA, INVESTIGAMOS QUE É ISO DUN CIRCUÍTO ELÉCTRICO, QUE PRECISAMOS PARA CREALO, COMO FUNCIONA E COMO PODEMOS SOLUCIONAR UN POSIBLE PROBLEMA ELÉCTRICO.





AGARDAMOS CON GRAN EXPECTACIÓN A TÚA SORPRESIÑA DE NADAL, TESTA!!! QUE SERÁ?

domingo, 28 de noviembre de 2021

MISIÓN 1: A GRAVIDADE

MARTIÑO E TESTA ERAN COÑECEDORES DE QUE NOVEMBRO ERA O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS NOSAS BIBLIOTECAS:


DE AHÍ, QUE A PRIMEIRA MISIÓN TIVERA QUE VER COA EXPERIMENTACIÓN DA GRAVIDADE, SEGUINDO OS DIFERENTES PASOS DO MÉTODO CIENTÍFICO

NO ARQUIVO QUE NOS ENVIARON APARECÍAN UNHA SERIE DE PREGUNTAS, FIXEMOS AS NOSAS HIPÓTESES, EXPERIMENTAMOS E SACAMOS UNHAS CONCLUSIÓNS, QUE AGORA MESMO COMPARTIMOS CON VÓS:




POIS XA NOS QUEDA TODO UN POUCO MÁIS CLARO: O MAGNETISMO É SIMILAR Á FORZA INVISIBLE DA GRAVIDADE DA TERRA CON NÓS E CON TODAS AS COUSAS, E MOI PARECIDA A DO SOL QUE FAI COA TERRA E TODOS OS CORPOS QUE O RODEAN. 

viernes, 19 de noviembre de 2021

PRIMEIRA COMUNICACIÓN E MISIÓN DE MARTIÑO E TESTA

XA É UNHA REALIDADE!! MARTIÑO E TESTA ESTÁN NA ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL!! AS COUSAS ALÍ NON SON IGUAL QUE NA TERRA, PERO GRAZAS AOS ENTRENAMENTOS ESTÁN SUPERANDO TODAS AS SITUACIÓNS ADVERSAS.


COMO NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA EN GALEGO, POIS INVESTIGAREMOS DURANTE ESTAS SEMANAS TODAS AS PROPOSTAS QUE NOS ENVÍAN NO ARQUIVO DESDE O ESPAZO.


ATA PRONTO!!!

lunes, 15 de noviembre de 2021

II OBRADOIRO: NUTRICIÓN SALUDABLE

HOXE, ROCÍO E GONZALO COMPARTIRON CON NÓS OS SEUS COÑECEMENTOS SOBRE NUTRICIÓN SALUDABLE. FOI O SEGUNDO OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS E O PRIMEIRO IMPARTIDO INTEGRAMENTE POR FAMILIAS. MOITAS GRAZAS FAMILIAS, APRENDEMOS UN MONTÓN!!

sábado, 13 de noviembre de 2021

AS NOVIDADES NAS CARPETAS VIAXEIRAS

ESTA SEMANA VIAXARON ÁS PRIMEIRAS NOVIDADES ÁS AULAS DO CRA: FONDOS DA PEPATECA PARA A "HORA DE LER". AO LONGO DESTAS SEMANAS LEREMOS ESTES 25 LIBROS:





miércoles, 10 de noviembre de 2021

INFORMACIÓNS IMPORTANTES DE MARTIÑO E TESTA

ESTA SEMANA RECIBIMOS NOVAS DOS ENTRENAMENTOS QUE FIXERON MARTIÑO E TESTA PARA IR Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL. ASOMBRÁRONNOS MOITAS DAS COUSAS QUE FIXERON, PERO REFLEXIONÁNDOAS TEÑEN MOITO SENTIDO:


RECIBIMOS OS MATERIAIS NAS AULAS: UN CALENDARIO PARA VISUALIZAR AS DATAS MÁIS RELEVANTES DA MISIÓN "MORRIÑA 21" E UNHA TARXETA ONDE REXISTRAREMOS AS 7 MISIÓNS DE COLABORACIÓN, PARA COMPLETAR A OSA MAIOR:


COMO VEDES, XA TEMOS O XOVES 11 DE NOVEMBRO MARCADO, PARA VER O DESPEGUE EN DIRECTO DO COHETE NO QUE VIAXARÁ MARTIÑO E TESTA... QUE NERVIOS!!!

viernes, 5 de noviembre de 2021

INICIO DO PRÉSTAMO DE ADULTOS

HOXE COMEZAMOS A RODAR O PRÉSTAMO DE ADULTOS NO CRA DE CULLEREDO. DESDE HOXE ATA O MES DE XUÑO AS FAMILIAS RECIBIRÁN OS FONDOS SOLICITADOS NAS SÚAS PETICIÓNS DE INICIO DE CURSO. TEMOS A SORTE DE CONTAR CON 27 FAMILIAS LECTORAS!!!


ADEMAIS, NESTE CURSO ESTREAMOS BOLSAS NOVAS; MIRADE QUE CHULAS SON!!

viernes, 29 de octubre de 2021

UN SAMAÍN DE CONTO

POR SE NON O SABEDES, LEVAMOS UNS DÍAS MIRANDO PARA O TEITO DAS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA:


ALGÚN TRASNO DO SAMAÍN DEIXOUNOS UNS PAQUETES E UNHA NOTA MISTERIOSA QUE DICÍA:


FILOSOFAMOS MOITO SOBRE A AUTORÍA, A HORA, O CONTIDO E MOTIVO  DESTA ESTRAÑA APARACIÓN. O DÍA DO SAMAÍN CHEGOU E CON IMPACIENCIA E INTERESE ABRIMOS OS PAQUETES QUE ALÍ HABÍA:


CONTOS DE TERROR, UN BOTE SENSORIAL TERRORÍFICO CHEO DE RATAS, MORCEGOS, SERPES, ESQUELETOS E ARAÑAS, E UN TABOLEIRO PARA XOGAR CO ESCORNABOT. SEMPRE NOS PASA IGUAL, DESFRUTAMOS DO MEDO NO SAMAÍN!

miércoles, 27 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O PASADO DOMINGO 24 DE OUTUBRO CELEBROUSE O DÍA DAS BIBLIOTECAS, DE TODAS AS BIBLIOTECAS. DESDE A ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA ELIXIRON AO ILUSTRADOR PABLO OTERO PARA DESEÑAR O CARTEL DESTE CURSO, QUE LEVA POR LEMA "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA".


É UN CARTEL MOI PRÓXIMO AO NOSO ALUMNADO, Á SÚA CREATIVIDADE, FANTASÍA E INSPIRACIÓN. PERO... QUE PASARÍA SE LLES DEIXAMOS UN CARTEL BRANCO E PEDÍSMOSLLES QUE POÑAN VOZ ÁS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA? QUE DIRÍAN?

CARTEL DA BIBLIOTECA DE AULA DE A CHOEIRA 1

CARTEL DA BIBLIOTECA DE AULA DE A CHOEIRA 2

CARTEL DA BIBLIOTECA DE AULA DA ESCOLA DE LEDOÑO

CARTEL DA BIBLIOTECA DE AULA DA ESCOLA DE SÉSAMO

       CARTEL DA BIBLIOTECA DE AULA DA ESCOLA DE VINSEIRA

martes, 26 de octubre de 2021

MARTIÑO É O GAÑADOR DA PASAXE!!

DESPOIS DE VARIOS DÍAS DE INCERTEZA, XA LLE POÑEMOS NOME AO GAÑADOR DA PASAXE Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL. PERO NON IRÁ SÓ, HAI UNHA GRAN SORPRESA NESTE VÍDEO:


QUE SORTE!! PODEREMOS COMPARTIR CON MARTIÑO E TESTA A SÚA EXPERIENCIA NO ESPAZO E AXUDALOS EN TODO O QUE PRECISEN!
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI UNHA RUTINA DE PENSAMENTO DE TODO O QUE SABEMOS DESAS DÚBIDAS QUE TEÑEN NA SÚA VIAXE, PREMEDE NA IMAXE E MIRADE CANTO SABEMOS!


FELIZ ADESTRAMENTO, MARTIÑO E TESTA!!

jueves, 21 de octubre de 2021

SORTEO EXTRAORDINARIO DUNHA PASAXE ESPÆCIAL

A AXENCIA ESPACIAL EUROPEA ACABA DE FACER EN RIGUROSO DIRECTO O SORTEO DA PASAXE Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL ENTRE TODAS AS CANDIDATAS E CANDIDATOS. FORON MOITAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS E XA HAI UNHA PERSOA GAÑADORA, QUEN SERÁ? 


PARABÉNS AO GAÑADOR!!

martes, 19 de octubre de 2021

NOVIDADES DE SABELA

ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA MENSAXE DUNHA PERSOA MOI ESPECIAL PARA NÓS: A AVENTUREIRA SABELA.

NESA MENSAXE ENVIOUNOS UN VÍDEO E UNHA PROPOSTA QUE NON PASOU DESAPERCIBIDA PARA NINGUÉN. OLLADE O VÍDEO CON MOITA ATENCIÓN:


SE TEDES INTERESE EN PARTICIPAR NO SORTEO DESA VIAXE Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL DO VINDEIRO XOVES 21 DE OUTUBRO, ENVIADE O FORMULARIO ESCANEANDO O CÓDIGO QR DO CARTEL:


MOITA SORTE!!!

lunes, 18 de octubre de 2021

I OBRADOIRO: PEPATECA

HOXE INICIAMOS A ESCOLA DE NAIS E PAIS 21-22 CO OBRADOIRO SOBRE A BIBLIOTECA DO CRA DE CULLEREDO. FOI UNHA ALEGRÍA PODER COMPARTIR COAS NOSAS FAMILIAS DE XEITO PRESENCIAL O QUE TANTO NOS ILUSIONA!! 

viernes, 8 de octubre de 2021

INICIO DO PRÉSTAMO

COMEZAMOS, DESPOIS DA FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS, ONDE COÑECEMOS AS DIFERENTES, AS NORMAS, AS FUNCIÓNS DAS GARDIÁS E GARDIÁNS DA BIBLIOTECA...

AS PRIMEIRAS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN DA MAN DE LARA, BREIXO, AARÓN, ALMA E ALDARA... BOAS LECTURAS, FAMILIA!!

martes, 5 de octubre de 2021

AS FAMILIAS NO CRA DE CULLEREDO

DESEÑAMOS DÚAS PROPOSTAS DA BIBLIOTECA ESPECIALMENTE PARA VÓS: PRÉSTAMO DE ADULTOS E A ESCOLA DE NAIS E PAIS.

BOTÁDELLE UNHA OLLADA E MEDITADE BEN AS VOSAS SELECCIÓNS, PORQUE TEDES ATA O 15 DE OUTUBRO PARA ENVIARNOS OS VOSOS FORMULARIOS DE SOLICITUDE.

AGARDAMOS CON ENTUSIAMO A VOSA PARTICIPACIÓN!!

domingo, 3 de octubre de 2021

TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS I

ESTA SEMANA INICIAMOS AS TAREFAS DE APRENDIZAXE INTEGRADAS (TAI) QUE DESENVOLVEN O PDI DESTE CURSO. 

NELAS APRENDEREMOS A SITUARNOS NO ESPAZO, A VINCULAR O NACEMENTO COMO UNHA PEZA MÁIS DA NOSA IDENTIDADE, A VISUALIZAR AS DIFERENCIAS FÍSICAS DO PASO DO TEMPO, A DESCUBRIR NOVOS XOGOS TRADICIONAIS E A COMPARTIR ESPAZOS FERMOSOS E NATURAIS DA NOSA CONTORNA: O NOROESTE. 

OS FONDOS COS QUE TRABALLAREMOS SON OS SEGUINTES:

domingo, 26 de septiembre de 2021

NOVO CURSO, NOVO PDI

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2021-2022 CHEO DE ILUSIÓN, EMOCIÓNS E APRENDIZAXE.

O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) DESTE CURSO CONXUGARÁ ASPECTOS MÁIS TRADICIONAIS DA NOSA IDENTIDADE E CONTORNA PRÓXIMA COA INNOVACIÓN, A ARTE CONTEMPORÁNEA, E O VALOR DA PALABRA ORAL E ESCRITA. DE AÍ, A FUSIÓN ENTRE AS PALABRAS "CREAR" E "ACCIÓN".

ATENTAS FAMILIAS!!! UNHA VEZ MÁIS, SEREDES FUNDAMENTAIS PARA O BO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO. MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN.

lunes, 21 de junio de 2021

PRODUTO FINAL "5, ESTÁ NA NOSA MAN"

XA É UNHA REALIDADE!! PODÉMOSVOS PRESENTAR O NOSO PRODUTO FINAL, UN LIBRO DIXITAL DO NÚMERO 5 CON TODAS AS TAREFAS REALIZADAS DURANTE ESTE CURSO 20-21, DESPOIS DE NUMEROSAS INVESTIGACIÓNS E UN BO TRABALLO EN EQUIPO.

DISFRUTÁDEO!!!

domingo, 20 de junio de 2021

TEMOS O TESOURO NO CRA!!!

POR FIN!!! DESPOIS DE VARIOS DÍAS AGARDANDO A CAIXA DO TESOURO... TÉMOLA NAS AULAS!!!

A CAIXA AGOCHABA NO SEU INTERIOR UNHA VALIOSA MENSAXE:


BUSCAMOS INFORMACIÓN DOS XOGOS, VIMOS OS ANEIS OLÍMPICOS, OS PREMIOS, AS MASCOTAS... E COMPRENDIMOS MOITAS DAS COUSAS QUE SABELA NOS DIXERA AO LONGO DA AVENTURA, COMO A GRAN FESTA REALIZADA NO ANO 2000 EN SIDNEY, A IMPORTANCIA DE TOSHIRO PARA OS XOGOS DE TOKIO, A SÚA MASCOTA MIRAITOWA..


DESPOIS, OBSERVAMOS QUE A CAIXA TIÑA UNHA PEQUENA TÁBOA NA QUE SE AGOCHABAN PEDRAS PRECIOSAS E MOITAS MEDALLAS... QUE GRAN ALEGRÍA LEVAMOS CANDO DESCUBRIMOS ESTA SORPRESA!!!



NON OLVIDAREMOS NUNCA O TESOURO NIN A SÚA VALIOSA MENSAXE:

QUE GRAN AVENTURA!!!! ATA PRONTO, SABELA!!!

viernes, 18 de junio de 2021

15ª TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA 20-21 (BOOKTUBERS)

NAS VOTACIÓNS QUE FIXEMOS NA PEPATECA PARA COÑECER OS LIBROS MELLOR VALORADOS DO CRA, OS 5 MÁIS VOTADOS FORON: "NO ABRAS ESTE LIBRO", "A CASA DA MOSCA CHOSCA", "LA VOCECITA", "A DORMIR MONSTRUOS" E "DANIELA PIRATA".

FOMENTAR O AMOR POLA LECTURA É UN DOS NOSOS OBXECTIVOS, POR ISO O NOSO ALUMANDO CONVERTEUSE EN "BOOKTUBERS" PARA RECOMENDARVOS ESTAS MARABILLOSAS HISTORIAS QUE FORMAN PARTE DAS CARPETAS VIAXEIRAS AO LONGO DO NOSO CRA.

14ª TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA 20-21 (CULLEREDO)

SABER DE ONDE VIMOS, É FUNDAMENTAL PARA SABER QUEN SOMOS!

DESPOIS DE RECOLLER AS VOTACIÓNS QUE FIXEMOS, OS 5 LUGARES DE CULLEREDO ESCOLLIDOS FORON: O MONTE XALO, A TORRE DE CELAS, A PONTE DO BURGO, O REGO DAS XESTEIRAS E O XARDÍN BOTÁNICO.

CON ESTA TAREFA APROVEITAMOS PARA COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS A FONDO O NOSO CONCELLO, VISITAMOS OS LUGARES E ENTRE TODAS AS ESCOLAS FIXEMOS ESTE ÁLBUM DE FOTOS DOS 5 LUGARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DE CULLEREDO

13ª TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA 20-21 (HISTORIA)

QUE ASPECTO TIÑAN OS NOSOS ANTEPASADOS? ONDE VIVÍAN? COMO SE DESPRAZABAN? QUEN INVENTOU A ESCRITURA OU AS MOEDAS? E POR QUE CONSTRUÍRON GRANDES MONUMENTOS?

NAS VOTACIÓNS QUE FIXEMOS PARA COÑECER OS MOMENTOS MÁIS FUNDAMENTAIS DA NOSA HISTORIA, OS 5 MÁIS VOTADOS FORON: PREHISTORIA, EXIPTO, GRECIA, ROMA E O SÉCULO XXI.

COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS, INVESTIGAMOS ESTAS 5 ÉPOCAS HISTÓRICAS PARA FACERNOS UNHA IDEA MÁIS CLARA DA SÚA RELEVANCIA PARA A NOSA HISTORIA.  E COMO RESULTADO, ESTA É A RECOMPILACIÓN EN IMAXES DESTE PERCORRIDO HISTÓRICO.

12ªTAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA 20-21 (INVENTOS)

AO LONGO DA HISTORIA FORON MOITOS OS OBXECTOS INVENTADOS PARA FACERNOS UNHA VIDA MELLOR.

NAS VOTACIÓNS QUE FIXEMOS PARA COÑECER OS INVENTOS MÁIS IMPORTANTES DA HUMANIDADE, OS 5 MÁIS VOTADOS FORON: O LUME, AS VACINAS, A AGRICULTURA-GANDERÍA, O CINE E A RODA.

NAS NOSAS AULAS INVESTIGAMOS SOBRE CADA UN DELES E CONSTRUIMOS NOVOS INVENTOS QUE DENDE LOGO BENEFICIARÍAN MOITO O NOSO DÍA A DÍA.

11ª TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA 20-21 (ARTISTAS)

NAS VOTACIÓNS QUE FIXEMOS NA PEPATECA PARA COÑECER @S ARTISTAS MÁIS RELEVANTES, @S 5 MÁIS VOTAD@S FORON ANDY WARHOL, FRIDA KAHLO, PABLO PICASSO, VAN GOGH E YAYOI KUSAMA. 

NA AULA ELIXIMOS E INVESTIGAMOS UN. COA APP "LITTLE BIG ARTIST" DESCUBRIMOS A SÚA VIDA, A SÚA OBRA E A SÚA TÉCNICA, FUNDAMENTAL PARA REPRODUCILA NUN NÚMERO 5 DE CARTÓN, PLANO OU EN VOLUME. 

QUEREDES VELO?

viernes, 11 de junio de 2021

SABELA CHEGA A CORUÑA!!

DESPOIS DE VARIOS DÍAS DE SINGRADURA POLO OCÉANO ATLÁNTICO... TEMOS NOVAS DE SABELA!!!

ENVIOUNOS UN VÍDEO, CON IMPORTANTE E EMOTIVA INFORMACIÓN, ESCOITÁDEO CON MOITA ATENCIÓN:


QUE NERVIOS!!! EN BREVE TEREMOS O TESOURO NAS AULAS!!

lunes, 24 de mayo de 2021

OBRADOIRO DE ESPAZOS FEDELLO

POÑEMOS BROCHE FINAL CO DERRADEIRO OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DESTE CURSO. NESTA OCASIÓN, DÉMOSLLE PROTAGONISMO AOS ESPAZOS FEDELLO, QUE FORMAN PARTE DOS RECURSOS CREATIVOS DENTRO DAS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA. 

viernes, 21 de mayo de 2021

SABELA DESPÍDESE DE RÍO CON SORPRESA!!

EN BRASIL CONMEMORARON O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COAS 25 PALABRAS MÁIS FERMOSAS DA NOSA LINGUA.

SABELA ENVIOUNOS UNHA POSTAL DA MARABILLOSA PRAIA DE IPANEMA, ONDE AS BRASILEIRAS E OS BRASILEIROS PASAN O SEU TEMPO DE LECER:


E UN VÍDEO DESDE O PORTO DE RÍO DE XANEIRO, CUNHA EMOCIONANTE E AGARDADA MENSAXE PARA NÓS:


QUE ILUSIÓN!! QUE SERÁ O TESOURO? QUE CURIOSIDADE!! NON PODEMOS TEMPORALIZAR A CHEGADA DE SABELA AO PORTO DE A CORUÑA, PERO SI SINALAR A SÚA SINGRADURA POLO INMENSO OCÉANO ATLÁNTICO NO NOSO MAPA...


FINALIZAMOS A DERRADEIRA VIAXE DESTA BUSCA DO TESOURO COA FICHA RESUMO DE BRASIL


BOA VIAXE DE VOLTA, SABELA!! 

lunes, 17 de mayo de 2021

AS 25 PALABRAS MÁIS FERMOSAS

O ALUMNADO DO CRA DE CULLEREDO ESCOLLEU AS 25 PALABRAS MÁIS FERMOSAS DA NOSA LINGUA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BRASIL.


ESTA FOI A DERRADEIRA MISIÓN PARA DESCUBRIR O TESOURO!!

SABELA ESTÁ EN RÍO DE XANEIRO

SABELA ATRACOU NO PORTO DE RÍO DE XANEIRO DESPOIS DE ATRAVESAR O CANAL DE PANAMÁ. NESA GRAN CIDADE DE BRASIL BUSCOU A RUI, O MESTRE DO CENTRO DA LINGUA PORTUGUESA, E TREMENDA NOVA TEN... ESCOITADE CON ATENCIÓN:


BONITAS AS 25 PALABRAS EN PORTUGUÉS DO BRASIL. AGORA, TEREMOS QUE MEDITAR EN EQUIPO AS 25 PALABRAS EN LINGUA GALEGA MÁIS FERMOSAS E MANDARLLAS A SABELA PARA QUE AS ESCOITEN EN BRASIL O 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CON ESTA DERRADEIRA MISIÓN, SABELA PORÁ RUMBO AO PORTO DE A CORUÑA CO TESOURO... QUE EMOCIÓN!!

PARA REMATAR A ESTANCIA EN RÍO, SABELA MANDOUNOS UN CONTO TRADICIONAL DE BRASIL:

PREMIO VIII CERTAME LITERARIO

PARA O CERTAME LITERARIO DESTE ANO TIVEMOS A SORTE DE LER 14 MICRORRELATOS EN 5 LIÑAS DE TEMÁTICA LIBRE. A DECISIÓN FINAL FOI COMPLICADA, PERO TEMOS UNHA FAMILIA GAÑADORA:

PARABÉNS FAMILIA!!!

A CONTINUACIÓN PODEDES LER TODOS OS MICRORRELATOS

jueves, 6 de mayo de 2021

SABELA DESPÍDESE DOS EEUU

ESTA SEMANA CHEGOUNOS UNHA POSTAL DENDE OS ESTADOS UNIDOS. SABELA FOTOGRAFIOU A FAMOSA PONTE GOLDEN GATE:


AGORA ATÓPASE NO PORTO DOS ÁNXELES RUMBO A UN NOVO DESTINO. FALOU CON EMILY E SABEMOS QUE O VINDEIRO DESTINO SERÁ O DERRADEIRO NA BUSCA DO TESOURO. ATENTAS E ATENTOS AO VÍDEO QUE NOS MANDOU:


BUSCAMOS RÍO DE XANEIRO EN GOOGLE MAPS E DESCUBRIMOS QUE É UNHA CIDADE IMPORTANTE DE BRASIL. MARCAMOS NO NOSO MAPA A VIAXE DE SABELA A TRAVÉS DO CANAL DE PANAMÁ E CON GRAN EMOCIÓN AGARDAMOS QUE SABELA COÑEZA A RUI, MESTRE NO CENTRO DA LINGUA PORTUGUESA.


PARA FINALIZAR ESTA VIAXE NOS ESTADOS UNIDOS FIXEMOS A FICHA RESUMO:


BOA VIAXE A RÍO, SABELA!!

jueves, 29 de abril de 2021

SABELA ESTÁ NOS ÁNXELES (ESTADOS UNIDOS)

SABELA CHEGOU AO PORTO DOS ÁNXELES, NOS ESTADOS UNIDOS, E NON PAROU DE FACER E PROPOÑERNOS COUSAS. ESTA VEZ MANDOUNOS UNHA CAIXA SEN MONTAR, POR QUE? ESCOITADE:


VIMOS COMO ERAN OS TÓTEM, CONSTRUÍMOLOS COA APP TOTEMUP, MEDITAMOS CAL SERÍA O ANIMAL QUE MELLOR NOS PODERÍA REPRENSENTAR COMO GRUPO E PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA FACER O TÓTEM DO CRA DE CULLEREDO. 


NA ESCOLA DA CHOEIRA 1 ELIXIRON O UNICORNIO POLA SÚA FANTASÍA E MAXIA, NA CHOEIRA 2 O CAMALEÓN POLO SEU PODER DE CAMUFLAXE, NA ESCOLA DE LEDOÑO ESCOLLERON O GATO POLA SÚA TENRURA, EN SÉSAMO O MONO PORQUE FAI MOITAS COUSAS DIVERTIDAS E EN VINSEIRA ELIXIRON O LORO E... POR QUE O FARÍAN? 

QUEREDES VER O TOTEM DO CRA DE CULLEREDO? 

ESPECTACULAR TRABALLO, EQUIPO!! PARA REMATAR, SABELA ENVIOUNOS UN CONTO DOS ESTADOS UNIDOS, SEGURO QUE O COÑECEDES MOI BEN:

VIII CERTAME LITERARIO CRA DE CULLEREDO


TEDES ATA O 11 DE MAIO PARA ENVIAR OS VOSOS MICRORRELATOS...