domingo, 28 de noviembre de 2021

MISIÓN 1: A GRAVIDADE

MARTIÑO E TESTA ERAN COÑECEDORES DE QUE NOVEMBRO ERA O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS NOSAS BIBLIOTECAS:


DE AHÍ, QUE A PRIMEIRA MISIÓN TIVERA QUE VER COA EXPERIMENTACIÓN DA GRAVIDADE, SEGUINDO OS DIFERENTES PASOS DO MÉTODO CIENTÍFICO

NO ARQUIVO QUE NOS ENVIARON APARECÍAN UNHA SERIE DE PREGUNTAS, FIXEMOS AS NOSAS HIPÓTESES, EXPERIMENTAMOS E SACAMOS UNHAS CONCLUSIÓNS, QUE AGORA MESMO COMPARTIMOS CON VÓS:




POIS XA NOS QUEDA TODO UN POUCO MÁIS CLARO: O MAGNETISMO É SIMILAR Á FORZA INVISIBLE DA GRAVIDADE DA TERRA CON NÓS E CON TODAS AS COUSAS, E MOI PARECIDA A DO SOL QUE FAI COA TERRA E TODOS OS CORPOS QUE O RODEAN. 

viernes, 19 de noviembre de 2021

PRIMEIRA COMUNICACIÓN E MISIÓN DE MARTIÑO E TESTA

XA É UNHA REALIDADE!! MARTIÑO E TESTA ESTÁN NA ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL!! AS COUSAS ALÍ NON SON IGUAL QUE NA TERRA, PERO GRAZAS AOS ENTRENAMENTOS ESTÁN SUPERANDO TODAS AS SITUACIÓNS ADVERSAS.


COMO NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA EN GALEGO, POIS INVESTIGAREMOS DURANTE ESTAS SEMANAS TODAS AS PROPOSTAS QUE NOS ENVÍAN NO ARQUIVO DESDE O ESPAZO.


ATA PRONTO!!!

lunes, 15 de noviembre de 2021

II OBRADOIRO: NUTRICIÓN SALUDABLE

HOXE, ROCÍO E GONZALO COMPARTIRON CON NÓS OS SEUS COÑECEMENTOS SOBRE NUTRICIÓN SALUDABLE. FOI O SEGUNDO OBRADOIRO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS E O PRIMEIRO IMPARTIDO INTEGRAMENTE POR FAMILIAS. MOITAS GRAZAS FAMILIAS, APRENDEMOS UN MONTÓN!!

sábado, 13 de noviembre de 2021

AS NOVIDADES NAS CARPETAS VIAXEIRAS

ESTA SEMANA VIAXARON ÁS PRIMEIRAS NOVIDADES ÁS AULAS DO CRA: FONDOS DA PEPATECA PARA A "HORA DE LER". AO LONGO DESTAS SEMANAS LEREMOS ESTES 25 LIBROS:





miércoles, 10 de noviembre de 2021

INFORMACIÓNS IMPORTANTES DE MARTIÑO E TESTA

ESTA SEMANA RECIBIMOS NOVAS DOS ENTRENAMENTOS QUE FIXERON MARTIÑO E TESTA PARA IR Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL. ASOMBRÁRONNOS MOITAS DAS COUSAS QUE FIXERON, PERO REFLEXIONÁNDOAS TEÑEN MOITO SENTIDO:


RECIBIMOS OS MATERIAIS NAS AULAS: UN CALENDARIO PARA VISUALIZAR AS DATAS MÁIS RELEVANTES DA MISIÓN "MORRIÑA 21" E UNHA TARXETA ONDE REXISTRAREMOS AS 7 MISIÓNS DE COLABORACIÓN, PARA COMPLETAR A OSA MAIOR:


COMO VEDES, XA TEMOS O XOVES 11 DE NOVEMBRO MARCADO, PARA VER O DESPEGUE EN DIRECTO DO COHETE NO QUE VIAXARÁ MARTIÑO E TESTA... QUE NERVIOS!!!

viernes, 5 de noviembre de 2021

INICIO DO PRÉSTAMO DE ADULTOS

HOXE COMEZAMOS A RODAR O PRÉSTAMO DE ADULTOS NO CRA DE CULLEREDO. DESDE HOXE ATA O MES DE XUÑO AS FAMILIAS RECIBIRÁN OS FONDOS SOLICITADOS NAS SÚAS PETICIÓNS DE INICIO DE CURSO. TEMOS A SORTE DE CONTAR CON 27 FAMILIAS LECTORAS!!!


ADEMAIS, NESTE CURSO ESTREAMOS BOLSAS NOVAS; MIRADE QUE CHULAS SON!!