En Santiago celebráronse as XVIII Xornadas de Clubs de Lectura, onde Vanessa, nai dun alumno de Sesámo, compartiu a súa experiencia no club de lectura entre familias e profesorado do noso centro.
Foi un auténtico pracer escoitarte.
Queremos agradecerche especialmente as túas palabras e a forma tan fermosa na que falaches da nosa iniciativa. Grazas, Vanessa!