QUE SORPRESA TAN GRANDE! XA TEMOS NOTICIAS DE CARPIÑO!
AS SÚAS AMIGAS E AMIGOS MANDÁRONNOS UNHA FOTO SELFIE MENTRES CANTABAN O ÉXITO DESTA TEMPADA: A CANCIÓN DE CARPIÑO!
AHHH! PERO QUE PASA? NESTA FOTO APARECE UNHA NOVA AMIGA. FIXÁDEVOS, TEDES UNS SEGUNDIÑOS A VER SE A ATOPADES...
EFECTIVAMENTE... É SUSA A MEDUSA! AS MEDUSAS ATACAN COAS SÚAS CÉLULAS URTICANTES AO NOSO SISTEMA NERVIOSO PARA DEFENDERSE. A PICADURA DÁ UNHA SENSACIÓN DE DESCARGA ELÉCTRICA, PERO ELAS POR SI MESMAS NON PRODUCEN ELECTRICIDADE. SUSA PERTENCE Á FAMILIA DAS MEDUSAS LUMINISCENTES... E ISO QUE QUERE DICIR? SUSA É CAPAZ DE BRILLAR NA OSCURIDADE E ASÍ ATRAEN AS SÚAS PRESAS.
NO MAR NON ENTENDEN: POR QUE A XENTE USA PILAS E DESPOIS DO USO AS TIRAN AO MAR, SE SUSA PODE ALUMEAR DUN XEITO NATURAL POR SI MESMA? O MAL USO DAS PILAS ESTÁ APAGANDO A SÚA LUZ E A VIDA MARIÑA EN XERAL.
QUE VOS PARECE SE LLE PEDIMOS AXUDA A UN CIENTÍFICO DE MOITA SONA NA NOSA CONTORNA, E LLE PREGUNTAMOS SE É POSIBLE CONSEGUIR LUZ DUN XEITO NATURAL SEN EMPREGAR PILAS? ATENTAS E ATENTOS:
INVESTIGADE EN FAMILIA E ELIXIDE A RESPOSTA CORRECTA Á PREGUNTA E DÁDELLE A ENVIAR... A SEMANA PRÓXIMA SABEREMOS A SOLUCIÓN! ATA PRONTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario