domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS INTEGRADAS III

NESTE TERCEIRO TRIMESTRE AS TAREFAS INTEGRADAS SON COUSA DAS FAMILIAS. ESTAS PROPOSTAS XIRARÍAN DURANTE TODO O TRIMESTRE POLAS ESCOLAS; TODO O ALUMNADO CREARÍA UN PRODUTO FINAL DE CADA UNHA DELAS E UNIFICARÍA A VISIÓN DO NOSO PDI.
NESTE TRIMESTRE FINAL ANALIZAREMOS, INVESTIGAREMOS, CREAREMOS E XOGAREMOS COA MENTE NA REDUCIÓN DO PLÁSTICO NAS NOSAS VIDAS.
ESTAS TRES TAREFAS ESTÁN INSPIRADAS NESTES LIBROS:
A CONTINUACIÓN, VEREDES UNHA BREVE DESCRICIÓN DO FONDO SELECCIONADO E UNHA PEQUENA TAREFA A REALIZAR CON CADA UN DELES. PODEDES ENVIARNOS TEXTOS, FOTOS E VIDEOS DAS PROPOSTAS QUE REALICEDES AO CORREO DA PEPATECA pepateca5@gmail.com 

  • 1ª TAREFA INTEGRADA LÓXICA-ARTE
OS ESPAZOS FEDELLOS OU MAKERSPACES POSIBILITAN AO ALUMNADO MÚLTIPLES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E CREACIÓN. O OBXECTIVO PRINCIPAL É CONFECCIONAR UN ESPAZO DENTRO DA BIBLIOTECA ONDE SE POIDAN FACER E CREAR COUSAS BASEADAS NA EXPERIENCIA E NA APRENDIZAXE.
NÓS APOSTAMOS POLA CREACIÓN DESTES ESPAZOS CON MATERIAIS SOSTIBLES E QUE REDUZAN O IMPACTO AMBIENTAL: ELEMENTOS NATURAIS, BIODEGRADABLES E REUTILIZAR PLÁSTICOS DUN SÓ USO.

👉TAREFA A REALIZAR: CONFECCIONADE UN ESPAZO FEDELLO NAS VOSAS CASAS, CON MATERIAL SOSTIBLE E FACEDE UNHA CREACIÓN CON EL. PODEDES PICAR NA AVIONETA FEDELLA PARA VER OS QUE TEMOS NAS ESCOLAS:

  • 2ª TAREFA INTEGRADA FILOSOFÍA
VÉÑENNOS Á CABEZA GRAN CANTIDADE DE PRODUTOS ENVASADOS SEN OS QUE NON PODERIAMOS VIVIR E AOS QUE RESULTA DIFÍCIL ATOPAR UNHA ALTERNATIVA. O MELLOR É NON DARLLE MOITAS VOLTAS E EMPEZAR... REDUCIR O USO DO PLÁSTICO DUN SÓ USO PODE SER UN XOGO MOI DIVERTIDO.

👉TAREFA A REALIZAR: RECOLLEDE NUNHA CAIXA O PLÁSTICO DUN SÓ USO QUE XENEREDES AO LONGO DE 5 DÍAS DE CONSUMO. PASADOS ESES 5 DÍAS, MEDITADE CAL DELES SERÍA DOADO DE ELIMINAR DA VOSA COMPRA.
MANDÁDENOS NUN TEXTO QUÉ PLÁSTICO/S DUN SÓ USO REDUCÍCHEDES NO CONSUMO... A VOSA PROPOSTA SERÁ ANÓNIMA E XUNT@S FAREMOS UN GRAN FAVOR AO PLANETA.

  • 3ª TAREFA INTEGRADA TIC
CERCA DO 10% DE TODO O PLÁSTICO QUE SE FABRICA NO MUNDO ACABA NO MAR. ESTES PLÁSTICOS TEÑEN UN ASPECTO APETECIBLE, O QUE FAI QUE CARPIÑO E AMIG@S POIDAN COMELO E SUFRIR DANOS IRREPARABLES.

👉TAREFA A REALIZAR: COÑECEMOS INFINIDADE DE COUSAS DE CARPIÑO E AMIG@S... QUEREDES DESCUBRIR CANTO SABEDES DELES? 
PULSADE NO DEBUXO DE QUIZIZZ, DESPOIS PULSADE EN "JUGAR CUESTIONARIO" E CONTESTADE ÁS PREGUNTAS DO XOGO... DISFRUTADE FAMILIA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario