miércoles, 16 de noviembre de 2022

PURA A TARTARUGA, 2ª MISIÓN

PURA CONTOUNOS QUE TODAS AS SÚAS AMISTADES E ELA ESTABAN REFUXIÁNDOSE DENTRO DUN ANTIGO BARCO PIRATA "BUSCATESOROUROS", AFUNDIDO PRETO DA TORRE DE HÉRCULES. PERO, CAL É O MOTIVO? UN BARCO CHEO DE PETRÓLEO TIÑA UNHA GRAN VERTEDURA AO MAR. 
ESTAMOS MOI PREOCUPADAS E PREOCUPADOS PORQUE XUSTO FAI 20 ANOS VIVIMOS A TRAXEDIA DO PRESTIGE NAS NOSAS AUGAS E FÍXONOS MOÍTISIMO DANO. 
RECORDAMOS ESTE ACONTECEMENTO CON DOUS CONTOS:

"MAREA NEGRA" DE PEPE CARREIRO

"LA PLAYA DE PEDRO" DE SALLY GRINDLEY

NA AULA, RECREAMOS AS SENSACIÓNS DE PURA E AS SÚAS AMISTADES BAIXO ESA VERTEDURA DE PETRÓLEO: 


TAREIXA, A PEIXE LANTERNA, PRENDEU A SÚA LUZ E RODOLFO COS SEUS TENTÁCULOS PROPUXO UN XOGO ARTÍSTICO PARA ENTRETERSE NA VELLA FRAGATA, MENTRAS SE LIMPAN OS RESTOS DO PETRÓLEO:


QUEDARON SEN MÁIS IDEAS E PÍDENNOS AXUDA PARA XOGAR CON NOVAS IMAXES CON SOMBRAS DE MANS. ALGUNHAS CREAMOS NAS AULAS, PERO SOLICITAMOS AXUDA ÁS FAMILIAS PARA SUPERAR A MISIÓN 2 E CONSEGUIR O ADHESIVO DE TAREIXA, A PEIXE LANTERNA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario