O 5 DE XUÑO DE 2020 CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. UNHA DATA MOI IMPORTANTE NO NOSO CALENDARIO, PORQUE RECLAMAMOS A NECESIDADE DE QUE AS PERSOAS SE CONVERTAN EN AXENTES ACTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E DUN CAMBIO DE ACTITUDE EN TEMAS AMBIENTAIS.
CARPIÑO QUE É COÑECEDOR DE TODO ISTO ACHEGÁNOS A DERRADEIRA ECOMISIÓN DA CREDENCIAL NESTE DÍA SINALADO.
ECOLOXISTAS LIMPARON O VERQUIDO. AS AMIGAS, AMIGOS E CARPIÑO PUIDERON VOLVER A SÚA CASA, QUE COA CHEGADA DO BO TEMPO ESTÁ PRETO DA PRAIA DE RIAZOR. ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA COÑECER QUEN SERÁ O DERRADEIRO ECOPODER?
QUE SORPRESA! IMAXINO QUE ESTAREDES ESTRAÑADAS E ESTRAÑADOS DE QUE SEXA CARPIÑO!! PERO TODO ISTO TEN UN SENTIDO: O SEU AVÓ DON CARPÓN, UNHA DAS CARPAS MÁIS SABIAS E REIVINDICATIVAS COS DEREITOS DOS ANIMAIS MARIÑOS, CONTOULLE UNHA HISTORIA MOI TRISTE QUE ACONTECEU FAI MOITOS ANOS NAS NOSAS AUGAS GALEGAS.
É COÑECIDO QUE, POLA COSTA DA CORUÑA, NAVEGAN BARCOS PETROLEIROS QUE LEVAN LITROS E LITROS DE PETRÓLEO ÁS FÁBRICAS PARA CONVERTELO EN GASOLINA, PLÁSTICO, XOGUETES OU INCLUSO EN ASFALTO PARA FACER CALZADAS.
ANOS ATRÁS, UN PETROLEIRO CHAMADO "MAR EXEO" ENCALLOU CONTRA AS ROCHAS DA TORRE DE HÉRCULES, A CARÓN DA CASA DE CARPIÑO, VERTEU TODO O COMBUSTIBLE E ARDEU NO MAR. O BARCO AFUNDIU ALÍ MESMO.
ANOS DESPOIS, PASOU UN DESASTRE MOITÍSIMO PEOR. O BUQUE PETROLEIRO "PRESTIGE" TIVO UNHA BRECHA NO CASCO PROVOCADA POR UN TEMPORAL, PARTIUSE EN DOUS, AFUNDIU E O PETRÓLEO VERTEUSE NO MAR. FOI UN GRANDE DESASTRE PARA TODOS OS SERES VIVOS QUE VIVEN NEL. O SEU VERQUIDO, COÑECIDO COMO MAREA NEGRA, MANCHOU CENTOS DE KILÓMETROS DE COSTA.
MILLEIROS DE PERSOAS, CHEGADAS DE TODAS AS PARTES DO MUNDO, AXUDARON A LIMPALA. GRAZAS A ESTA XENTE VOLUNTARIA E COMPROMETIDA CO MEDIO AMBIENTE, PODEMOS DISFRUTAR DOS NOSOS MARES E PRAIAS A DÍA DE HOXE.
CARPIÑO RECORDA CON MOITA EMOCIÓN ESE MOMENTO NO QUE O SEU AVÓ LLE CONTABA ESTA HISTORIA. DENDE AQUELA, INTENTÁRONSE FACER AS COUSAS UN POUCO MELLOR, PERO PRECISAMOS O VOSO COMPROMISO PARA QUE RECORDEDES SEMPRE A CARPIÑO, AMIGAS E AMIGOS, E ISTO NUNCA MÁIS SE VOLVA A REPETIR:
ESE COMPROMISO POR COIDAR O MAR, FAVORECERÁ QUE TAMÉN COIDEN DE NÓS.
CAMBIAMOS A UN TEMA MÁIS FELIZ? AGORA QUE XA COÑECEDES A MANOLA, A PURA, A RODOLFO, A CARPIÑO, A TOMÁS... CAL VOS GUSTA MÁIS? VOTÁDEOS NA ENQUISA PULSANDO NA IMAXE E ELIXIDE ATA UN MÁXIMO DE 5!! ESTÁN DESEXANDO SABELO E CON ISO, RECIBIREDES O DERRADEIRO CRUÑO DA CREDENCIAL QUE CERTIFICARÁ O VOSO COMPROMISO ECOLOXISTA!!!
ATA PRONTO, NENAS E NENOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario