miércoles, 29 de abril de 2020

9ª MISIÓN DE CARPIÑO

CARPIÑO NON PARA DE DARLLE VOLTAS A SÚA CABECIÑA, PARA QUE RESOLVAMOS O RESTO DAS MISIÓNS E COÑEZAMOS AOS AMIGOS E ÁS AMIGAS QUE QUEDAN. NON PARA DE NADAR... MIRADE:


NA MISIÓN 9 PRESÉNTANOS AO SEU AMIGO ALEXO, O CANGREXO. É UN CRUSTÁCEO MOI MARCHOSO QUE ESTÁ TODO O DÍA CANTARUXEANDO. NOS SEUS PASEOS DE COSTADO PERCORRE AS PROFUNDIDADES DO MAR E COAS SÚAS 10 PATIÑAS CHOCA CON TODAS AS COUSAS QUE ESTÁN SOMERXIDAS.
DE AQUÍ A UNS ANOS, NOS DIFERENTES MARES E OCÉANOS HAI MOITAS COUSAS METÁLICAS QUE FORON ABANDONADAS POR ESTAR EN MAL ESTADO OU SER INSERVIBLES: XOGUETES, ELECTRODOMÉSTICOS, CARRIÑOS DE COMPRA... ALEXO NON SABE MOI BEN QUE FAN ESAS COUSAS AÍ.


ALEXO É UN DOS POUCOS ANIMAIS DO MUNDO QUE É CARACTERÍSTICO POLA SÚA FORMA DE CAMIÑAR DE LADO... QUE VOS PARECE SE CAMIÑAMOS DE LADO NO TEMPO E LLE DAMOS UNHA SEGUNDA UTILIDADE AOS METAIS QUE TEMOS NA CASA? BUSCADE COUSAS QUE SEXAN METÁLICAS AO VOSO ARREDOR, PORQUE CONVERTIRASEN EN INSTRUMENTOS MUSICAIS: CULLERES, GARFOS, TAPAS DAS POTAS, PATAS DAS MESAS... 
PRACTICADE UN POUCO PORQUE... HAI SORPRESA!!!! 
USAREMOS A NOSA VOZ E O ACOMPAÑAMENTO METÁLICO PARA CANTAR NUN KARAOKE ESPECIAL A CANCIÓN OFICIAL DE CARPIÑO!!!

TEDES DÚAS PISTAS PARA PRACTICAR:

PISTA 1: COÑECEREMOS E APRENDEMOS A CANCIÓN DE CARPIÑO



PISTA 2: KARAOKE DA CANCIÓN DE CARPIÑO; O VOSO TURNO!!



GRAVADE EN AUDIO E/OU EN VÍDEO AS VOSAS VOCES E FACEDE SOAR METAIS, COMO APORTACIÓN Á CANCIÓN DE CARPIÑO. MANDÁDEO AO CORREO DA PEPATECA pepateca5@gmail.com ANTES DO 8 DE MAIO. O RESULTADO SERÁ UNHA OBRA DE ARTE PARA OS NOSOS OÍDOS, VEREDES COMO SIIIII.

CANDO CARPIÑO A POIDA ESCOITAR, MANDARANOS UN NOVO SELO DE MISIÓN SUPERADA PARA A NOSA CREDENCIAL. DE QUE COR SERÁ ESTA VEZ?
ATA PRONTO, NENAS E NENOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario