miércoles, 24 de octubre de 2018

DIA DA BIBLIOTECA 2018

ESTE ANO PARA FESTEXAR O DÍA MUNDIAL DA BIBLIOTECA NO CRA, REFLEXIONAMOS SOBRE A SÚA IMPORTANCIA E PENSAMOS EN ALGUNHAS DAS PALABRAS MÁIS SIGNIFICATIVAS QUE SE NOS VEÑEN Á CABEZA TRAS ESCOITAR A PALABRA BIBLIOTECA. ESTE FOI O RESULTADO:


ADEMAIS, RECIBIMOS NAS ESCOLAS O NOVO CARTEL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, COA ILUSTRUCIÓN DE NURIA DÍAZ E O LEMA "POÉTICAS DIVERSAS, NA BIBLIOTECA ESCOLAR". AO VELO, O NOSO ALUMNADO TIVO CLARO QUE:
  • CUNHA LANTERNA PODEMOS VER COUSAS QUE NON SE VEN FÁCILMENTE.
  • OS LIBROS VALEN PARA APRENDER MOITO.
  • NOS DESERTOS NON HAI MOITAS COUSAS, PERO CON LIBROS PODES COÑECER DE TODO: EXPERIMENTOS, PELIS, MÚSICA...
  • DOS DINOSAURIOS NON SABERÍAMOS NADA SE NON FORA POLAS PERSOAS, LIBROS E VÍDEOS.
O NOSO ALUMNADO ESTÁ NO CERTO... EN SITIOS POUCO ESTIMULANTES DE RAÍZ, A MAXIA DOS LIBROS E DO SABER MANIFÉSTASE COMO UNHA LANTERNA NA NOITE, PARA PODER COÑECER TODAS ESAS COUSAS QUE NOS INQUEDAN E QUEREMOS DESCUBRIR.
CON POÉTICAS DIVERSAS, AGARDAMOS CHEGAR A POESÍA A TODOS ESOS ESPAZOS ARTÍSTICOS OU NON DO NOSO PDI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario