NO CRA DE CULLEREDO BOTAN A ANDAR AS MOCHILAS
VIAXEIRAS. ESTA INICIATIVA, PARA O FOMENTO DA LECTURA NOS CENTROS DE
ENSINO, SUBMINISTRA AS MOCHILAS QUE AS BIBLIOTECAS ENCHEN DE CONTIDO E
XESTIONAN EN PRÉSTAMO DOMICILIARIO ÁS FAMILIAS. NENAS E NENOS SON OS
EMBAIXADORES DA BIBLIOTECA NAS SÚAS CASAS E COMPARTEN COS SEUS: OS LIBROS,
AS PELÍCULAS, A MÚSICA E OS XOGOS COS QUE A MOCHILA VAI
CARGADA.
ESTAS MOCHILAS OFRECÉMOLAS ÁS FAMILIAS QUE AS DESEXEN
E IRÁN ÁS CASAS DURANTE UNHA SEMANA, DE VENRES A XOVES.
ÁNIMO E BOAS LECTURAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario