QUICO, O GOLFIÑO, É O PROTAGONISTA DA DERRADEIRA MISIÓN DE PURA A TARTARUGA. AMA BAÑARSE NAS PRAIAS AO REDOR DA TORRE DE HÉRCULES, PERO ULTIMAMENTE ESTÁ UN POUCO ENFADADO E TRISTE PORQUE XA NON ESTÁN TAN LIMPAS COMO LLE GUSTARÍA.
SABES CAL É A PRIMEIRA FONTE DE LIXO MUNDIAL, O RESÍDUO CONTAMINANTE MÁIS ABUNDANTE NAS PRAIAS? AS CABICHAS. ALGÚNS SERES HUMANOS ADULTOS QUE FUMAN ENTÉRRANAS NA AREA; ESTAS PODERÁN VIAXAR MILES DE KILÓMETROS CONTAMINANDO A AUGA E SERVINDO DE FALSO ALIMENTO PARA TODAS E TODOS NÓS.
TEMOS QUE CAMBIAR ESTA SITUACIÓN!! MANOLA A CARACOLA CONTOUNOS QUE VIU A UNHAS PERSOAS DEPOSITAR AS SÚAS CABICHAS NUN CONO, QUE DESPOIS TIRABAN NO LIXO.
SOLICITÁMOLOS AO CONCELLO DE ARTEIXO E AGASALLÁMOLOS A ALGUNHA PERSOA ESPECIAL PARA NÓS E ASÍ, CONSEGUIREMOS QUE QUICO E AS SÚAS AMIZADES POIDAN NADAR TRANQUILAMENTE NAS NOSAS PRAIAS ESTE VERÁN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario