viernes, 20 de diciembre de 2019

CONTICRA DE NADAL

HOXE CELEBRAMOS NA SEDE DO CRA O FESTIVAL DE NADAL. VISITOUNOS PAPÁ NOEL, CANTAMOS, BAILAMOS E MERENDAMOS TODAS E TODOS XUNTOS.
PASÁMOLO XENIAL ESCOITANDO A HISTORIA DE "O HOME PAU", UNHA APAPTACIÓN DA OBRA DE JULIA DONALDSON.




A PARTIR DE AGORA, CANDO VEXAMOS UN PAU NO BOSQUE OU NO NOSO CAMIÑO TEREMOS UN POUCO MÁIS DE RESPECTO, PORQUE AINDA QUE SEXA UN PAU, SEGURO TEN UN HISTORIA IMPORTANTE DETRÁS DEL...
BO NADAL A TODAS E TODOS!!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

jueves, 12 de diciembre de 2019

IMPORTANCIA DOS DEREITOS

O 20 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS, E O 10 DE DECEMBRO OS DEREITOS HUMANOS.
ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS COÑECÉNDOOS NA AULA, COA LECTURA DO LIBRO:
O NOSO MEDIO NATURAL PRECISABA UNS DEREITOS COMO OS NOSOS E ENTRE TODO O ALUMNADO FIXEMOS UN DECÁLOGO PARA AS ÁRBORES. NON SERÍA FABULOSO QUE TODAS E TODOS AS TIVERAMOS MÁIS EN CONTA???

domingo, 8 de diciembre de 2019

CARPIÑO NO AQUARIUM

NA VISITA Á LONXA E AO AQUARIUM FINISTERRAE DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES, PERO SE TEMOS QUE RESALTAR ALGUNHA É VER A GASTÓN EN NAUTILUS E COÑECER AO NOSO AMIGO CARPIÑO... MIRADE QUE EMOCIONANTE FOI:

miércoles, 27 de noviembre de 2019

2ª MISIÓN DE CARPIÑO

CHEGOU A 2º MISIÓN AO CRA DE CULLEREDO. NESTA OCASIÓN CARPIÑO MANDOUNOS UNHAS PINZAS DE MADEIRA PARA DECORAR E UNHA REDE PANTASMA* PARA CONSTRUIR UN ESPAZO A FAVOR DO MEDIO AMBIENTE NAS AULAS.
AS REDES PANTASMA AMEAZAN A VIDA NO FONDO DO MAR, DIVERSOS ANIMAIS QUEDAN ATRAPADOS NELAS E PRECISAN DA AXUDA DO ECOPODER DE LARA, A PEIXE ESPADA.
TRABALLAMOS EN EQUIPO E O RESULTADO FOI MOI CREATIVO; AS REDES PANTASMA TEÑEN UNHA SEGUNDA VIDA DE VALOR ARTÍSTICO:
*Agradecemos ao barco OLNADI de Sada pola aportación das redes pantasma que temos nesta actividade.
AGARDAMOS CON ILUSIÓN A 3ª MISIÓN!!

viernes, 8 de noviembre de 2019

1ª MISIÓN DE CARPIÑO

RECIBIMOS NAS AULAS A 1ª MISIÓN DE CARPIÑO E A 1ª CARTA DO XOGO: A ECOAMEAZA DO RUIDO. CARPIÑO DÍXONOS QUE ERA UNHA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA PERXUDICAL E, NOS SONARES E RADARES, ALTERA A MIGRACIÓN, A COMUNICACIÓN E A CAZA DE ESPECIES MARIÑAS.
NA BOLSA DE TEA ENVIOUNOS UN MEGÁFONO E A MISIÓN QUE NOS ENCOMENDOU FOI CREAR MENSAXES ECOLÓXICAS E GRITALAS AOS CATRO VENTOS, PARA QUE TODAS E TODOS SEXAMOS CONSCIENTES DA IMPORTANCIA DO MEDIO.


AXUDÁMONOS DO LIBRO "EL GRAN LIBRO DE LA ECOLOGÍA" PARA CREAR AS NOSAS MENSAXES. MIRADE E ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN:

martes, 29 de octubre de 2019

CONTICRA DE SAMAIN

O MÉRCORES 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS O SAMAÍN E O MAGOSTO. PARA CELEBRAR ESTA TRADICIONAL CONMEMORACIÓN VISITÁRONNOS TRES ESQUELETES, UNHA BRUXA, UNHA PANTASMA E UN VAMPIRO... CUNHA HUMILDE ADAPTACIÓN DO CONTO "OS ESQUELETOS DIVERTIDOS" DE KALANDRAKA.
PASÁMOLO DE MEDO... HOUBO MOITAS EMOCIÓNS!!
PODEDES VER O VIDEO DA FESTA SE PULSADES NA IMAXE.

viernes, 25 de octubre de 2019

AS CREDENCIAIS DE CARPIÑO

CARPIÑO ENVÍANOS UNHA MENSAXE NA SÚA BOTELLA E FAINOS ENTREGA DAS CREDENCIAIS DAS ECOMISIÓNS; ESTAS CREDENCIAIS CERTIFICARÁN O NOSO COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE, CO MAR E COS SERES VIVOS QUE NEL VIVEN. AO LONGO DAS SEMANAS RECIBIREMOS 12 MISIÓNS CON DOUS TIPOS DE CARTAS: ECOPODERES E ECOAMEAZAS.
EN EQUIPO CONSEGUIREMOS AXUDARTE, CARPIÑO!!

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

ESTE ANO PARA FESTEXAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES REFLEXIONAMOS SOBRE O CARTEL QUE NOS ILUSTRA ÓSCAR VILLÁN, QUE EVOCA DIVERSAS SITUACIÓNS QUE UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR PODE FACILITAR. ESTE "VIVEIRO DE CIDADANÍA" TRABALLÁMOLO CO NOSO ALUMNADO, COA REFLEXIÓN, O DIÁLOGO E OS ESCORNABOTS. MIRADE CON ATENCIÓN:

miércoles, 23 de octubre de 2019

PRÉSTAMO DE ADULTOS

HOXE COMEZA O PRÉSTAMO DE ADULTOS DO CRA DE CULLEREDO. DESDE HOXE ATA O MES DE MAIO AS NOSAS FAMILIAS RECIBIRÁN OS FONDOS SOLICITADOS NAS SÚAS PETICIÓNS. NESTE CURSO CONTAMOS CUN TOTAL DE 17 FAMILIAS LECTORAS. GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR!!

martes, 22 de octubre de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS I

INICIAMOS A ESCOLA DE NAIS E PAIS CO OBRADOIRO DE FONDOS DA PEPATECA. AS FAMILIAS PARTICIPARON DUNHA FORMACIÓN DE USUARIOS EXPRÉS E COÑECERON XOGANDO OS FONDOS FAVORITOS DO NOSO ALUMNADO. FOI UNHA EXPERENCIA COMPARTIDA E XA ESPERAMOS A SEGUINTE.

lunes, 21 de octubre de 2019

ESPAZO FEDELLO

XA ESTÁN NAS ESCOLAS E A PLENO RENDEMENTO OS NOSOS ESPAZOS FEDELLO CREADOS DURANTE O CURSO PASADO. 


OS NENOS E NENAS PODERÁN "FEDELLAR" NAS SÚAS AULAS BEN CON PARAFUSOS, IMANES, TEAS, ABALORIOS OU CIRCUITOS.


RECORDAMOS QUE ESTES ESPAZOS ROTAN CADA TREMESTRE COAS BIBLIOTECAS DE AULA.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS CREACIÓNS DESTES PRIMEIROS DÍAS!!!




domingo, 20 de octubre de 2019

CARPIÑO, A CARPA PEQUENA

ESTA SEMANA NAS NOSAS ESCOLAS OCORRERON COUSAS FANTÁSTICAS. 
PRIMEIRO, RECIBIMOS UNHA MENSAXE DO CACO DE PEPA NO NOSO CORREO DA PEPATECA... ESCOITADE CON ATENCIÓN:


NESTA MENSAXE INVITÁBANOS A AXUDAR A ALGUÉN QUE NON COÑECIAMOS.  TODAS E TODOS DECIDIMOS COLABORAR!!! O CACO PREPAROUNOS UN BREAKOUT PARA QUE SOUBERAMOS DE QUEN SE TRABABA: BOLIS LANTERNA, MENSAXES SEGREDAS, ACRÓSTICOS...


ASÍ FOI COMO COÑECIMOS A CARPIÑO, UNHA CARPA PEQUENA... EMOCIONOUNOS MOITO, EMPATIZAMOS CON ELA E COMEZAMOS A DAR ALTERNATIVAS POSITIVAS PARA AXUDALA:

miércoles, 9 de octubre de 2019

TAREFAS INTEGRADAS I

DAMOS POR INAUGURADO O INICIO DAS TAREFAS INTEGRADAS DESTE CURSO. NESTE PRIMEIRO TRIMESTE, O NOSO ALUMNADO VALORARÁ A IMPORTANCIA DOS ALIMENTOS, DAS ARBORES E DA RESPIRACIÓN PARA A VIDA; TAMÉN NOS FIXAREMOS NAS VIAXES AO REDOR DO MUNDO PARA COÑECER O PLANETA NO QUE VIVIMOS E FAREMOS ARTE NATURAL CON COUSAS RECOLLIDAS NA CONTORNA.
OS FONDOS ELIXIDOS PARA ACADAR TAL FIN SON OS SEGUINTES:

lunes, 7 de octubre de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS

NA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CRA DE CULLEREDO GÚSTANNOS OS RETOS E AS AVENTURAS. ESTE ANO QUEREMOS ABRIR UN ESPAZO DE INTERCAMBIO DE COÑECEMENTO E INTERACCIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA, SOBRE ASPECTOS DE GRAN INTERESE.
AINDA QUEDAN PRAZAS EN TODOS OS OBRADOIROS, APUNTÁDEVOS NO CORREO DA PEPATECA!!

PRÉSTAMO DE ADULTOS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO CO PRÉSTAMO DE ADULTOS NA PEPATECA. HAI NOVIDADES!! AGARDAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO.


INICIO DO PRÉSTAMO

DESPOIS DUNHAS SEMANAS FACENDO FORMACIÓN DE USUARIOS, COÑECENDO AS PEPAS DA NOSA BIBLIOTECA, AS NORMAS DO PRÉSTAMO, APRENDENDO A COLOCAR OS FONDOS, AS FUNCIÓNS DOS GARDIÁNS DA BIBLIOTECA... XA ESTAMOS PREPARADOS PARA O PRÉSTAMO DA FIN DE SEMANA!!
A DISFRUTAR DAS LECTURAS!!!

MOCHILAS VIAXEIRAS 2019-2020

AS MOCHILAS VIAXEIRAS BOTAN A ANDAR UN ANO MÁIS NO CRA DE CULLEREDO. ESTAS MOCHILAS OFRECÉMOLAS AS FAMILIAS E ESTARÁN NAS VOSAS CASAS 2 SEMANAS!

OS PRIMEIROS EN LEVALAS SON:

MOCHILA VIAXEIRA 1: DANI
MOCHILA VIAXEIRA 2: CARMEN
MOCHILA VIAXEIRA 3: ÓSCAR
MOCHILA VIAXEIRA 4: VEGA
MOCHILA VIAXEIRA 5: MARTINA

ESTE ANO VIAXARÁN A TODOS OS FOGARES!!!

miércoles, 11 de septiembre de 2019

NOVO CURSO, NOVO PDI

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2019-2020 CHEOS DE ILUSIÓN, DE GRANDES IDEAS, DE DESCUBRIR E COÑECER COUSAS NOVAS, DE INNOVAR, DE SER MELLORES PERSOAS E DE VIVIR EN UN MUNDO MELLOR.
O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DESTE CURSO CÉNTRASE NO MÁIS IMPORTANTE PARA NÓS, ISO QUE TEMOS E NON VALORAMOS O SUFICIENTE, QUE PRECISA MOITOS CAMBIOS PARA MANTELO VIVO: O MEDIO AMBIENTE:

domingo, 2 de junio de 2019

O CADRO ESTÁ NA PEPATECA!!

O CACO DEIXOUNOS POR SORPRESA O CADRO DA AVIONETA PEPA NO MACCRA, DESPOIS DE SUPERAR CON ÉXITO OS 17 RETOS QUE TIÑA NO XOGO DO CACO DE PEPA.


XA É NOSO, CACO!!! PERO...
GUSTOUNOS XOGAR CONTIGO!!!

sábado, 1 de junio de 2019

MACCRA: DE SOÑO A REALIDADE

POLO MES DE XUÑO DO ANO PASADO ELIXIMOS A TEMÁTICA A INVESTIGAR DESTE CURSO 18-19: A ARTE CONTEMPORÁNEA. NAQUELA PEQUENA CHUVIA DE IDEAS, PENSAMOS QUE FACER UN MUSEO CO NOSO ALUMNADO ERA O MELLOR PRODUTO FINAL DO PDI.
NESTES MESES DE ANDANZA APRENDIMOS, DESCUBRIMOS, CREAMOS, RECONSTRUIMOS, FIXEMOS E DESFIXEMOS... PERO SEMPRE TIVEMOS PRESENTE A ESENCIA DO QUE QUERÍAMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS. 
MOITAS GRAZAS A JOSÉ MARÍA MESÍAS POR ENSINARNOS TANTO, AO CONCELLO DE CULLEREDO POLA SÚA COLABORACIÓN E A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA, POR AXUDARNOS A FACER REALIDADE OS NOSOS SOÑOS E ACOMPAÑARNOS.
UN RESUMO DO QUE ACONTECEU ONTE É ISTO:


martes, 28 de mayo de 2019

RETO 17: AVALIACIÓN E DESPEDIDA

O CACO AGASALLOUNOS O RETO 17 COMO SUPERADO, POLO NOSO TRABALLO BEN FEITO AO LONGO DESTES MESES.

AGARDAMOS QUE DEVOLVAS O CADRO PRONTO, PODER POÑER AS PEGATINAS NOVAS QUE NOS REGALACHES, XOGAR COS PEÓNS E O DADO!!

lunes, 27 de mayo de 2019

MACCRA: CARTEL DO NOSO MUSEO

XA ESTÁ AQUÍ, XA É UNHA REALIDADE. AQUÍ TEDES O CARTEL OFICIAL DO NOSO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA:
TEN ASOCIADO UN CÓDIGO QR, NON DUBIDEDES EN VELO... É ARTE!

10ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (LÓXICA)

NESTA TAREFA, TIVEMOS QUE MEDITAR EN EQUIPO COMO TRANSFORMAR E DECORAR UNHA PRANCHA DE CARTÓN. CADA ESCOLA TIVO QUE CREAR UNHA OBRA DE ARTE PARA POÑER NO ESPAZO DE CULLEREDO 4.0, COAS MAQUETAS DO FUTURO QUE SOÑAMOS NAS TAREFAS ANTERIORES.
O RESULTADO É ESTE:
VINSEIRA
SÉSAMO

LEDOÑO

A CHOEIRA 2
A CHOEIRA 1

9ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (FILOSOFÍA)

GÚSTANOS MOITO SACARNOS FOTOS, SOMOS PRESUMIDOS E PRESUMIDAS, PERO... QUE PASA COA NOSA CARA SE FACEMOS UN COLLAGE? SEREMOS E SERÁN CAPACES DE PODER RECOÑECERNOS? 




8ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (ARTE)

TIÑAMOS UNHA MISIÓN: FACER QUE AS NOSAS LETRAS DE MACCRA FORAN RECORDADAS POR TODAS AS PERSOAS QUE VISITARAN O MUSEO E VIRAN O NOSO CARTEL. 
NAS ESCOLAS TRANSFORMARON, DECORARON, ILUSTRARON... AS LETRAS; MIRADE QUE CONTEMPORÁNEAS QUEDARON:

domingo, 26 de mayo de 2019

7ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (TIC)

TRANSMITIR EMOCIÓNS E RECOÑECELAS NOS DEMÁIS É UNHA COUSA APARENTEMENTE SINXELA. NESTA TAREFA, TIVEMOS QUE FACER AS 5 PRINCIPAIS (ALEGRÍA, TRISTEZA, MEDO, SORPRESA E ENFADO) COA AXUDA DA APP BOOMERANG, PARTICIPANDO ALUMNADO E PROFESORADO... 
A VER SE AS RECOÑECEDES? 



6ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (LITERATURA)

GRAZAS AO LIBRO "MI MUSEO" PUXEMOS VOZ E IMAXE AO NOSO MACCRA. O NOSO ALUMNADO FIXO UNHA COMPOSICIÓN AUDIOVISUAL QUE SERÁ O ENLACE EN CÓDIGO QR PARA O NOSO CARTEL PUBLICITANDO O NOSO MUSEO. O RESULTADO É O SEGUINTE:


viernes, 24 de mayo de 2019

RETO 16: BREAKOUT EDU

NESTE NOVO RETO, DENTRO DA CAIXA DO CACO, HABÍA OUTRA CAIXA!! ERA A CAIXA FORTE ONDE GARDA OS SEUS CARTIÑOS, PERO NESTA OCASIÓN, NON HABÍA DIÑEIRO, HABÍA ALGO FUNDAMENTAL PARA O NOSO XOGO.
ERA IMPOSIBLE ABRILA, TIÑA UN CONTRASINAL DE 4 NÚMEROS... NÚMEROS QUE CONSEGUIMOS SUPERANDO 4 PROBAS. 
ABRÍMOLA E MIRADE O QUE HABÍA DENTRO:
COA AXUDA DO IPAD DESCUBRIMOS QUE HABÍA DETRÁS DESA MENSAXE. O CACO FIXO UNHA VISITA A CADA ESCOLA!!!
VINSEIRA

LEDOÑO

SÉSAMO

A CHOEIRA 1

A CHOEIRA 2

SEGUIMOS TODOS OS SEUS PASOS E CONSEGUIMOS 4 PEZAS... PARA QUE SERÁN, CACO?


miércoles, 22 de mayo de 2019

PREMIO VI CONCURSO LITERARIO

PARA O CONCURSO DESTE ANO, TIVEMOS A SORTE DE LER 8 RELATOS CURTOS BAIXO A TEMÁTICA "VAITES! É UNHA OBRA DE ARTE CONTEMPORÁNEA". A DECISIÓN ESTIVO COMPLICADA E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A FAMILIA GAÑADORA FOI...
PARABÉNS, FAMILIA TOURIÑÁN RODRÍGUEZ!!!

DIA DA PEPATECA

UN ANO MÁIS, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, CELEBRAMOS NA SEDE DO CRA "O DÍA DA PEPATECA".
FOI UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR, CHEA DE LECTURAS, ESTREAS, OBRADOIROS E UNHA VISITA MOI ESPECIAL PARA NÓS. MIRADE:

miércoles, 15 de mayo de 2019

5ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (LÓXICA)

COA LECTURA DE "PEDRO, PERFECTO ARQUITECTO" DESCUBRIMOS QUE ERA POSIBLE CONSTRUIR TODO AQUELO QUE TEMOS NA MENTE.
ESTAMOS EN TEMPO DE ELECCIÓNS E QUIXEMOS MELLORAR O NOSO CONCELLO, PROPOÑENDO A CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS QUE PODAN MELLORAR A NOSA COMUNIDADE; POR UN CULLEREDO 4.0.

UN PARQUE DE BOMBEIROS DE CH1
UN AQUARIUM DE CH2
UN HOSPITAL SPA DE LEDOÑO
UN MUSEO DE ARTE E DINOSAURIOS DE SÉSAMO
UN CINE DE VINSEIRA

4ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (TIC)

QUE CUN ARTILUXO CHEO DE CABLES PODEMOS PONERLLE MÚSICA Á NOSA OBRA DE ARTE? SI, EBOTIC É O ROBOT QUE O FAI POSIBLE, MIRADE E NON DEIXEDES DE PESTANEXAR:

3ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (LITERATURA)

POR FIN!! POR FIN RACHAR PAPEL PODÉMOLO CONSIDERAR ARTE E NON UNHA DESFEITA!!! 
MIRADE QUE DIVERTIDO É RASGAR PAPEL E CREAR A NOSA PELÍCULA:


ENTRE TODO O ALUMNADO CREAMOS AS PERSONAXES, A TRAMA E O DESENLACE DUNHA HISTORIA CON POSIBILIDADES DE LEVALA AO CINE... QUE TREMA O MUNDO DA ANIMACIÓN, QUE O CRA TEN MOITAS FACULTADES!!
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE, A NÓS GUSTOUNOS UN MONTÓN...

UN CIRCO CON MOITA ARTE!

2ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (FILOSOFÍA)

GRAZAS AO LIBRO "PIENSA Y CREA COMO UN ARTISTA" ELIXIMOS A FORMA 8 TÉCNICAS DIFERENTES DE PODER EXPERIMENTAR E CREAR UNHA OBRA DE ARTE CONTEMPORÁNEA. 
CREAMOS VARIAS OBRAS E O MELLOR DE TODO: O BEN QUE O PASAMOS.


1ª TAREFA INTEGRADA 18-19 (ARTE)

NESTA TAREFA TRABALLAMOS COS 11 TALLERES DE HERVÉ TULLET... APRENDIMOS QUE A NOSA ARTE COMUNICA UNHA MENSAXE Á SOCIEDADE, A TODAS AS PERSOAS QUE DESFRUTAN DELA.
AQUÍ TEDES UNHA IMAXE DAS NOSAS CREACIÓNS NAS ESCOLAS:

lunes, 13 de mayo de 2019

RETO 15 DO CACO DE PEPA

NO RETO 15 O CACO PÚXOSE MOI SERIO NA SÚA CARTA... FALOUNOS DO  NOSO PLANETA, DA CONTAMINACIÓN E DA RECICLAXE. ÁS VECES UN VIDEO VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS:

O CACO MANDOUNOS RECOPILAR LATAS DE REFRESCO NA AULA, PARA FACER UNHA MENSAXE ECOLÓXICA E QUE TODAS AS PERSOAS REFLEXIONARAN SOBRE AS DANOSAS ACCIÓNS NO MEDIO, NO NOSO MEDIO AMBIENTE. 
O RESULTADO, COMO NON, UNHA OBRA DE ARTE:


RETO 14 DO CACO DE PEPA II

XA TEMOS AS PREGUNTAS DO ALUMNADO DO CRA DE CULLEREDO SOBRE A ARTESANÍA DE BUÑO E AS RESPOSTAS DO ALUMNADO DE 1º DO CEIP CANOSA-RUS DE CORISTANCO...





lunes, 29 de abril de 2019

14º RETO DO CACO DE PEPA I

CANTO TRABALLAMOS NESTE NOVO RETO, CACO. SEN DUBIDALO FOI O MÁIS COMPLEXO ATA O DE AGORA...
O CACO ENVIOUNOS ESTA NOTICIA DO XORNAL ÁS ESCOLAS:
DOUS CACOS DIFERENTES TAN PRETO... QUE CASUALIDADE!!
O CACO SABÍA QUE O 14 DE XUÑO VISITARÍAMOS BUÑO PARA FACER GRANDES OBRAS DE ARTESANÍA. COMO O CEIP CANOSA-RUS ESTÁ PRETO, MANDOUNOS FACERLLE UNHAS PREGUNTAS PARA QUE INVESTIGARAN... PERO O RETO NON QUEDA AÍ, AS NENAS E NENOS DE 1º DESTE CENTRO TAMÉN NOS MANDARON PREGUNTAS PARA RESOLVER SOBRE ALGO QUE TEMOS MOI PRETO. SABEDES QUE PODE SER?



RESOLVIMOS AS 4 PREGUNTAS E FIXEMOS SKYPE EN DIRECTO DESDE A ESCOLA DE SÉSAMO... FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA; OLLADE CON ATENCIÓN:








PRONTO COLGAREMOS NO BLOGUE AS NOSAS PREGUNTAS E AS RESPOSTAS DO ALUMNADO DO CEIP CANOSA-RUS!!

jueves, 25 de abril de 2019

ESPAZO FEDELLO

A PRINCIPIOS DESTE CURSO ADENTRÁMONOS NUNHA NOVA AVENTURA DENTRO DO PROXECTO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, E PASAMOS A FORMAR PARTE DAS DENOMINADAS BIBLIOTECAS CREATIVAS. GRAZAS A ISTO, EXPERIMENTAMOS E APRENDEMOS COS ESCORNABOTS E POUCO A POUCO CREAMOS UN NOVO ESPAZO NAS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA: O ESPAZO FEDELLO.
CADA AULA ELABOROU, COA AXUDA DO SEU ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS, UN ESPAZO FEDELLO QUE ROTARÁ CADA TRIMESTRE COA BIBLIOTECA DE AULA ENTRE AS NOSAS ESCOLAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O GRANDÍSIMO TRABALLO REALIZADO, AGORA TOCA MANIPULAR, CREAR E GOZAR!!



martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019

HOXE CELEBRAMOS NA SEDE DO CRA O DÍA DO LIBRO. ESTA FESTA LITERARIA ESTIVO CHEA DE SORPRESAS:
A DRAGONA RAMONA CONTOUNOS "MONCHO E A MANCHA"
E FIXEMOS CINCO OBRADOIROS MOI CREATIVOS... OLLADE:

MACCRA II

ESTE TRIMESTRE O NOSO ALUMNADO TRABALLA CON 5 TAREFAS INTEGRADAS NOVAS.
NESTAS TAREFAS CREARÁN GIFTS EMOCIONAIS, CONSTRUIRÁN UN ELEMENTO DECORATIVO PARA POÑER NA MAQUETA DE EDIFICIOS DE CULLEREDO, FARÁN FOTOS COS OLLOS DOUTRO ALUMNADO DO CRA, DESEÑARÁN E RODARÁN UN VÍDEO PARA O NOSO MUSEO DE ARTE E DECORARÁN AS LETRAS DE MACCRA.
OS FONDOS ELEXIDOS SON OS SEGUINTES: