martes, 20 de junio de 2023

DESPEDIDA DE PURA: O XOGO FINAL

PURA PÚXOSE EN CONTACTO CON NÓS POR DERRADEIRA VEZ E DÍXONOS QUE O SEU ADHESIVO ESTABA MOI PRETO. 

TIÑAMOS QUE BUSCAR UNHA CAIXA FORTE DE COR AZUL CUN CADEADO NUMÉRICO PECHADO, PARA ABRILA HABERÍA QUE AVERIGUAR O CÓDIGO DE CATRO NÚMEROS.  

COMEZAMOS A TRABALLAR NAS CATRO PROBAS.

A PRIMERA UN CREBACABEZAS QUE AGOCHA O PRIMEIRO NÚMERO:


NA SEGUNDA TIVEMOS QUE DESCUBRIR QUE AMIZADE DE PURA FALTABA DENTRO DUN SOBRE E CONTAR AS LETRAS DO SEU NOME:

SEGUNDO RESOLVEMOS O BREAK OUT, ANOTAMOS OS RESULTADOS NA FOLLA DE REXISTRO. É IMPORTANTE PARA ORGANIZAR E LEMBRAR O CÓDIGO:


NA TERCEIRA PROBA, BUSCAMOS DIFERENZAS NAS IMAXES DE PURA. O NÚMERO DE DIFERENZAS É O TERCEIRO NÚMERO DO CÓDIGO:


POR ÚLTIMO, O NÚMERO DA CUARTA PROBA ESTÁ NUNHA MENSAXE SECRETA:


CON TODOS OS NÚMEROS, DESBLOQUEAMOS O CADEADO:




UN ÉXITO!! O CÓDIGO FUNCIONOU Á PERFECIÓN E, TAL E COMO NOS DIXO PURA, DENTRO ESTABAN OS SEUS ADHESIVOS E PEGÁMOLO NA NOSA CREDENCIAL. TAMÉN HABÍA UNHA CARTA DE DESPEDIDA:



COMO SORPRESA FINAL, PURA E AS SÚAS AMIZADES TIÑAN UN PEQUENO AGASALLO PARA TODAS E TODOS NÓS! UN XOGO ARTÍSTICO-CREATIVO CO MAR COMO PROTAGONISTA E OS DIPLOMAS QUE CERTIFICAN O NOSO COMPROMISO ECOLOXISTA.


ASÍ, DESPEDÍMONOS DESTA AVENTURA TAN ESPECIAL. 

ATA PRONTO, PURA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario