miércoles, 21 de diciembre de 2022

PURA A TARTARUGA, MISIÓN 4

NUNHA NOVA CARTA DE PURA A TARTARUGA RECIBIMOS UN CÓDIGO QR CUNHA NOTICIA MOI IMPORTANTE DA PRENSA DIXITAL:


AS LATAS DE REFRESCOS E DE CONSERVAS ALIMENTARIAS SON UN MÉTODO PARA GARDAR E CONSERVAR ALIMENTOS E BEBIDAS. DESPOIS DO SEU USO, DEBEMOS DEPOSITALAS NO COLECTOR AMARELO PARA A SÚA RECICLAXE. CANDO NON AS RECICLAMOS, TARDAN MOITÍSIMO TEMPO EN DESAPARECER E CONVÉRTENSE NUN AUTÉNTICO PERIGO. 

CARPIÑO LIBEROU A ANTÓN DUNHA LATA DE CONSERVA, PERO QUE ANIMAL DO MAR É ANTÓN? DEL SÓ COÑECIAMOS QUE ERA PEQUENO E VIVÍA NUNHA BATEA. PEDIMOS AXUDA ÁS NOSAS FAMILIAS, BUSCAMOS INFORMACIÓN NA REDE E NO LIBRO "INVENTARIO DOS MARES"


AO FINAL, DESCUBRIMOS QUE ANTÓN ERA UN MEXILLÓN!! 

A FAMILIA E AMIZADES DE ANTÓN QUEREN AGRADECERLLE A CARPIÑO ESTE HEROICO FEITO CUNHA FESTA E UNHA CANCIÓN. XA TEÑEN O ESTRIBILLO, PRECISAN A NOSA COLABORACIÓN PARA A CREACIÓN DE VARIAS ESTROFASNESTA OCASIÓN GAÑARIAMOS DÚAS PEGATINAS (CARPIÑO E ANTÓN), POR ISO TAMÉN TEMOS QUE FACER UN ACOMPAÑAMENTO INSTRUMENTAL CON CUNCHAS DE VIEIRAS.

COMPUXEMOS, CANTAMOS, TOCAMOS, GRAVÁMONOS E O RESULTADO É UNHA OBRA DE ARTE:


GRAZAS A COMPLETAR A MISIÓN, ACADAMOS OS ADHESIVOS DE CARPIÑO E ANTÓN DA NOSA CREDENCIAL:


No hay comentarios:

Publicar un comentario