jueves, 8 de diciembre de 2022

PURA A TARTARUGA, 3ª MISIÓN

PURA E AS SÚAS AMISTADES VOLVERON A SÚA CASA DESPOIS DE QUE UN GRUPO ECOLOXISTA LIMPARA O VERTEDURA DE PETRÓLEO. DE CAMIÑO, INVADÍRONOS UNHA MOREA DE PLÁSTICOS, LIXO E AUGAS RESIDUAIS PROCEDENTES DOS RETRETRES. MIRADE COMO ESTABA TODA A COSTA:

MOITAS PERSOAS TIRAN POLO VÁTER OBXECTOS DE HIXIENE PERSOAL NON ADECUADOS QUE ATASCAN OS SUMIDOIROS E CHEGAN AO MAR.

O AMIGO TOMÁS TIVO QUE AGARRARSE A UN BASTONCIÑO DOS OÍDOS, MÁIS GRANDE CO SEU PROPIO CORPO, PARA LOITAR CONTRA ESTA FORTE CORRENTE. 


TOMÁS ESTÁ MOI PREOCUPADO POR ESTA SITUACIÓN E APROVIETANDO QUE NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, PROPÓÑENOS UNHA  INVESTIGACIÓN ECOLÓXICA NA 3ª MISIÓN: A ONDE VAN AS COUSAS QUE TIRAMOS POLO VÁTER? QUE OCORRE SE TIRAMOS PAPEL HIXIÉNICO, UNHA TOALLIÑA HÚMIDA E UN PANO DE TEA?



PARA DAR SOLUCIÓN A ESTA PREGUNTA, OBSERVAMOS OS MATERIAIS E ELABORAMOS AS NOSAS HIPÓTESES, POÑENDO EN FUNCIONAMENTO OS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS:


EXPERIMENTAMOS COS TRES ELEMENTOS DE ESTUDO EN TRES RECIPIENTES CON AUGA E TRES CULLERES PARA REMEXER. COMPROBAMOS OS RESULTADOS E SE AS NOSAS HIPÓTESES ESTABAN NO CERTO:  
                                        

OBSERVANDO OS RESULTADOS, REFORZAMOS AS CONCLUSIÓNS DA INVESTIGACIÓN, APOIÁNDONOS  NO LIBRO "¿A DÓNDE VA MI CACA?" DE JO LINDLEY:


FINALMENTE, ACADAMOS A PEGATINA DE TOMÁS O CABALIÑO DE MAR POR REALIZAR SATISFACTORIAMENTE A DERRADEIRA FASE DO MÉTODO CIENTÍFICO: A COMUNICACIÓN DOS RESULTADOS A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario