viernes, 13 de marzo de 2020

7ª MISIÓN DE CARPIÑO

ESTA NOVA MISIÓN TEN QUE VER COA NOSA HIXIENE PERSOAL, PERO QUE É A HIXIENE? UFFF... QUE COMPLICADA PALABRA PARA TANTO USO QUE LLE DAMOS NA ESCOLA E NA CASA. CARPIÑO, MANDOUNOS GRAN CANTIDADE DE COUSAS NUN NECESER QUE USAMOS PARA A NOSA HIXIENE EN FAMILIA:
MOITAS DESTAS COUSIÑAS TIRÁMOLAS NO LIXO DO PLÁSTICO DESPOIS DO SEU USO, PERO OUTRAS MOITAS VAN AO VÁTER QUE USAMOS COMO PAPELEIRA. ALGUNHAS ACABAN NO MAR... TOMÁS, O CABALIÑO DE MAR AMIGO DE CARPIÑO, ATOPOUSE CON UNHA DELAS:
A MISIÓN 7 ESTARÁ REMATADA E SUPERADA SE FACEMOS UN EXPERIMENTO CON TRES TIPOS DE COUSAS QUE MOITOS E MOITAS DE NÓS TIRAMOS AO VÁTER: PAPEL HIXIÉNICO, TOALLIÑAS HÚMIDAS QUE SE PODEN TIRAR SUPUESTAMENTE NO VÁTER E OUTRAS QUE NON. TIVEMOS QUE FACER UNHA HIPÓTESE, EXPERIMENTALO E SACAR UNHAS CONCLUSIÓNS QUE TEREMOS QUE COMUNICAR A TODAS AS PERSOAS QUE COÑEZAMOS. REMEXEMOS CON TRES CULLEREDES DE PAU E OBSERVAMOS OS RESULTADOS:
TÉMOLO CLARO: SÓ O PAPEL HIXIÉNICO DESFAISE E NON ATASCA. AS TOALLIÑAS HÚMIDAS NON SE DESFÁN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario