domingo, 8 de marzo de 2020

6ª MISIÓN DE CARPIÑO

XEILA A VIEIRA CAPITANEA A LOITA DOS BIVALVOS POR CONQUISTAR OS NOSOS CORAZÓNS. XUNTO COS MEXILLÓNS, BERBERECHOS, AMEIXAS E ZAMBURIÑAS QUEREN SER UN DOS ANIMAIS FAVORITOS DO NOSO ALUMNADO. RECÓRDANNOS QUE AS LATAS TEÑEN UNHA FORMA E UNHA FUNCIÓN MOI PARECIDA A ELES: DÚAS VALVAS QUE AGOCHAN O MÁIS IMPORTANTE DENTRO. 
NO CASO DAS LATAS, PERDEN A SÚA FUNCIÓN CANDO SE USAN E DEPENDE DE NÓS QUE VOLVAN A SER EMPREGADAS NUN FUTURO... XA QUE PODEN RECICLARSE INFINITAS VECES.
OBSERVAMOS QUE ALGUNHAS DAS LATAS NON CORTAN E CARPIÑO APROVEITA ESTA NOVA MISIÓN PARA QUE AS DECOREMOS E SE CONVIRTAN NUNHAS BONITAS MACETAS PARA PLANTAR ALGO MOI ESPECIAL...
NO INTERIOR DESTAS NOVAS MACETAS PLANTAMOS CACTOS, QUE COMO OS BIVALVOS NON SON DAS ESPECIES MÁIS QUERIDAS POR TODOS NÓS.
APOSTAMOS POR COIDALAS E QUERELAS? O ALUMNADO DO CRA SEMPRE SE IMPLICA AO MÁXIMO...
PARA REMATAR, UN AGASALLO MOI ESPECIAL UNS CARPIÑOS FEITOS COA IMPRESORA 3D E UN NOVO CRUÑO DE MISIÓN SUPERADA. PARABÉNS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario