miércoles, 12 de abril de 2023

PURA A TARTARUGA, MISIÓN 7

PURA A TARTARUGA DESCRÍBENOS A UN NOVO AMIGO SEU QUE PRECISA DA NOSA AXUDA: RODOLFO. É MOI INTELIXENTE, TEN 8 BRAZOS CON VENTOSAS, 3 CORAZÓNS E 1 CEREBRO, DESPLÁZASE EXPULSANDO AUGA, POSÚE UN DEPÓSITO DE TINTA PARA FUXIR DE AMEAZAS, E CÉLULAS PIGMENTARIAS E MÚSCULOS ESPECIALIZADOS QUE FAN QUE COINCIDA EN COR E TEXTURA COA CONTORNA... AO MOMENTO, SABÍAMOS DE QUE ANIMAL SE TRATABA... DUN POLBO!!

PURA MANDOUNOS UN VÍDEO DEL:


E TAMÉN DESCUBRIMOS A HISTORIA DE OCTAVIO, UN POLBO MOI ESPECIAL:

RODOLFO ESTÁ MOI ORGULLOSO DE SER UN POLBO. COS SEUS TENTÁCULOS AXUDA MOITO NO FONDO MARIÑO, DETECTANDO E RECOLLENDO GRAN CANTIDADE DE METAIS CONTAMINANTES; MOITAS VECES EMPREGA AS SÚAS VENTOSAS COMO IMÁNS PARA CAPTURAR E TRATAR DE ELIMINAR ESTES RESÍDUOS MARIÑOS.


PERO TEN UNHA GRAN ILUSIÓN, GUSTARÍALLE APRENDER A TOCAR O PIANO. ESTA É A NOSA MISIÓN: RECOMPILAR PAPEL DE ALUMINIO DAS MERENDAS, CONSTRUÍR UN PIANO E, COA AXUDA DO EBOTIC E DUN ORDENADOR, COMPOÑER UNHA PECIÑA DE MÚSICA. 




ESTE FOI O RESULTADO:


APROVEITAMOS OS RECURSOS E TAMÉN FIXEMOS COMPOSICIÓNS CON GRAFITO E CON CULLERES:


XA TEMOS A TÚA PEGATINA, RODOLFO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario