domingo, 5 de febrero de 2023

PURA A TARTARUGA, MISIÓN 5

DESPOIS DAS FESTAS DE NADAL, RECIBIMOS UNHA NOVA MENSAXE NA BOTELLA COA 5ª MISIÓN. 

CONTOUNOS QUE A SÚA AMIGA PAZ, A ESTRELA DE MAR, SUFRIU UN HORRIBLE E GRAVE ACCIDENTE Á SAÍDA DA ESCOLA DE PEIXES: PASOU POR RIBA DUN ANACO DE VIDRO E RACHOU UN DOS SEUS 5 BRAZOS. 

PAZ SENTIU 5 EMOCIÓNS ASOCIADAS A FEITOS DIFERENTES: TRISTEZA, CANDO TIVO O SEU ACCIDENTE, MEDO CANDO PERDEU O SEU BRAZO, ENFADO AO VER ESE VIDRO NON DEBERÍA ESTAR NO MAR, ALEGRÍA AO COÑECER O SEU PODER DE REXENERAR OS BRAZOS, E CALMA, PORQUE DEBE DESCANSAR ESPERANDO A QUE CREZCA DE NOVO O SEU BRACIÑO. 

GRAZAS A ESTA SITUACIÓN, PURA INVÍTANOS A QUE IDENTIFIQUEMOS E REFLEXIONEMOS SOBRE AS NOSAS EMOCIÓNS, EMOCIÓNS QUE SENTIMOS AO LONGO DO DÍA CON TODAS AS COUSAS QUE FACEMOS OU PENSAMOS.

PUXÉMONOS MANS Á OBRA E MANDAMOS UNHA ENQUISA ÁS NOSAS FAMILIAS, PARA QUE NOS AXUDARAN A IDENFICAR QUE COUSAS NOS POÑEN TRISTES, ALEGRES, EN CALMA... RECIBIMOS GRAN CANTIDADE DE INFORMACIÓN E APRENDEMOS MOITO.

TAMÉN XOGAMOS A UN XOGO DE TABOLEIRO "EMOPARK", IDENTIFICANDO E TRATANDO DE COMPRENDER QUE PRODUXO CADA EMOCIÓN




E AXUDAMOS AO MONSTRO AMIGO DA APP SESAME STREET A RESOLVER OS SEUS CONFLITOS EMOCIONAIS.

PARA REMATAR A MISIÓN 5, ELABORAMOS UNHAS PULSEIRAS COAS 5 CORES DAS 5 EMOCIÓNS, ASÍ SEMPRE AS TEREMOS PRESENTES.



PAZ, POUCO A POUCO, RECUPERA O TAMAÑO DE SEU BRAZO E COA 5ª MISIÓN FINALIZADA CONSEGUIMOS UNHA NOVA PEGATINA PARA A NOSA CREDENCIAL:

No hay comentarios:

Publicar un comentario