domingo, 18 de abril de 2021

SABELA DESATRACA DE XAPÓN

SABELA MANDOUNOS DESDE XAPÓN UNHA POSTAL CHEA DE VIDA E DE COR. A PRIMAVERA ESTÁ NO SEU MÁXIMO ESPLENDOR, SENÓN MIRADE COMO ESTÁN AS CERDEIRAS:


A TOSHIRO ENCANTOULLE O CONTO DE "GAITO KAMISHIBAIYA" NA NOSA LINGUA, E CLARO... COMO NON PODÍA FALTAR Á SÚA PALABRA, CONTOUNOS O SEGREDO DO TESOURO. ATENTAS E ATENTOS AO VÍDEO QUE NOS ENVIOU SABELA DESDE O SEU SITIO FAVORITO DE TOKIO:


SABELA NAVEGA RUMBO AOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA, ALÍ ESPERARANOS MIRAITOWA. 
PARA SITUAR OS EEUU NO NOSO MAPA TIVEMOS MOITOS PROBLEMAS. SABEMOS QUE A TERRA É REDONDA E XIRA, PERO O MAPAMUNDI QUE TEMOS NA AULA É PLANO. XAPÓN ESTÁ NO EXTREMO DEREITO E OS EEUU ESTÁN NO EXTREMO ESQUERDO... COMO É POSIBLE QUE CHEGUE AOS EEUU EN 7 DÍAS? POIS TOCOU TEMPO DE REFLEXIÓN E INVESTIGACIÓN:


FIXEMOS A FICHA RESUMO DE XAPÓN E ESCOITAMOS O CONTO TRADICIONAL XAPONÉS "MOMOTARO":



BOA VIAXE, SABELA!!

4 comentarios:

  1. Nos encanta este proyecto, estamos aprendiendo un montón de cosas!

    ResponderEliminar
  2. Es una suerte que Sabela contara con nosotros para buscar el tesoro... estamos aprendiendo mucho con su experiencia!!

    ResponderEliminar
  3. Sabela falta muy poco para descubrir el tesoro...mucho ánimo.

    ResponderEliminar
  4. Agardamos que o atope antes de rematar o curso!!

    ResponderEliminar