TEMOS NOTICIAS DE CARPIÑO. NO FONDO DO MAR... BÓTANNOS MOITÍSIMO DE MENOS E ESTÁN DESEXANDO QUE VOLVA A NORMALIDADE O ANTES POSIBLE.
ENVÍANNOS UNHA FOTO... MIRÁDEA CON ATENCIÓN:
MANOLA A CARACOLA INFORMA AO RESTO DE AMIGAS E AMIGOS DA SITUACIÓN DAS NOSAS ESCOLAS, LARA A PEIXE ESPADA ESTÁ ATENTA POR SE ALGUÉN PRECISA DA SÚA AXUDA, MENTRES PAZ A ESTRELA DE MAR CÓNTALLES CONTENTA QUE APROBOU TODO NA ESCOLA DE PEIXES.
PURA A TARTARUGA APRENDEU A DISTINGUIR AS MEDUSAS DAS BOLSAS DE PLÁSTICO E TEN O ESTÓMAGO MOITO MELLOR E, QUICO O GOLFIÑO, NON PARA DE BRINCAR PREPARADO PARA SAUDARVOS NAS PRAIAS NO VERÁN.
XEILA A VIEIRA TEN A AUTOESTIMA POLAS NUBES, DENDE QUE SABE QUE O ALUMNADO DO CRA QUERE MOITO AOS BIVALVOS E NON SÓ PARA COMER. TOMÁS O CABALIÑO DE MAR ATOPOU UN NOVO AMIGO AO QUE AGARRARSE E RODOLFO O POLBO ALUCINOU CON TODO O QUE FIXEMOS NAS NOSAS CASAS CON MATERIAIS DE REFUGALLO.
RODOLFO XA VIU AS IMAXES DOS AMIGOS E AMIGAS DE PLÁSTICO QUE FIXEMOS NA CASA EN FAMILIA... QUEREDES VELO VÓS? POIS NO SEGUINTE VIDEO ESTÁN ESAS OBRAS DE ARTE:
PARABÉNS A TODAS E TODOS! GRAZAS Á PARTICIPACIÓN NESTA MISIÓN 8 CARPIÑO MÁNDANOS O SEU CRUÑO CUNHA COR DIFERENTE... MIRADE CAL É:
A COR NEGRA... DA TINTA DO POLBO RODOLFO, COMO NON!!!
AO LONGO DESTES DÍAS CHEGARANOS A MISIÓN 9...
ATA PRONTO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario