miércoles, 15 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

ESTE ANO CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO DUN XEITO ESTRAÑO, PERO NON POR ISO MENOS ESPECIAL. OS LIBROS ACOMPÁÑANNOS AO LONGO DAS NOSAS VIDAS CON HISTORIAS QUE NOS FAN RIR, CHORAR, PASAR MEDO... LECTURAS QUE NOS LEVAN A TEMPOS MELLORES OU NOS ENSINAN DOS ERROS QUE XA COMETIMOS... AS LECTURAS TEÑEN ESE PODER MÁXICO.

O 23 DE ABRIL XUNTARÍAMONOS NA SEDE DO CRA TODO O ALUMNADO E PROFESORADO. A DRAGONA RAMONA CONTARÍANOS UN CONTO RELACIONADO CO NOSO PROXECTO, CONTINUARIAMOS CON DIFERENTES OBRADOIROS LITERARIOS ROTATIVOS E REMATARIAMOS CUN ÁGAPE DELICIOSO ANTES DE SAÍR A XOGAR AO PATIO.

ESTE ANO NON PODERÁ SER ASÍ E PEDÍMOSVOS ÁS FAMILIAS MOITA PARTICIPACIÓN, PARA QUE POIDAMOS CELEBRAR COMO SE MERECE TAN APRECIADA CONMEMORACIÓN: EN LUGAR DA DRAGONA RAMONA SEREDES VÓS QUEN LLE CONTEDES UN CONTIÑO AO NOSO ALUMNADO E DESPOIS PODEREDES REALIZAR ALGÚNS DOS OBRADOIROS PROPOSTOS... OU TODOS!!

O QUE SI VOS PEDIMOS É QUE SAQUEDES ALGUNHA FOTO OU VIDEO PARA PODER VERNOS E SACAR UN SORRISO... MANDÁDEOS ANTES DO 23 DE ABRIL AO CORREO DA PEPATECA pepateca5@gmail.com

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!

PODEDES VER O CONTO E OS OBRADOIROS PULSANDO NOS ENLACES:
*CONTO  *OBRADOIRO 1  *OBRADOIRO 2  *OBRADOIRO 3  *OBRADOIRO 4  *OBRADOIRO 5

No hay comentarios:

Publicar un comentario